Anthony Zambrano
Anthony José Zambrano de la Cruz, nado en Maicao o 17 de xaneiro de 1998, é un atleta colombiano. É recoñecido por ser o primeiro medallista colombiano nun evento de pista nun Campionato Mundial de Atletismo, e o primeiro colombiano en obter unha medalla olímpica nun evento de pista en atletismo.[1]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1998 (26 anos) Maicao, Colombia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Altura | 184 cm |
Peso | 72 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Lingua | Lingua castelá |
Nacionalidade deportiva | Colombia |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | carreira de velocidade 400 metros lisos |
Participou en | |
1 de agosto de 2020 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 400 m masculino (pt) (2º) |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - 400 m masculino (pt) |
Traxectoria
editarComezos e Xogos Panamericanos 2019
editarZambrano competiu na categoría 4×400 metros remudas nos Xogos Olímpicos de Río 2016. Foi finalista na categoría de 400 metros no Torneo Mundial Xuvenil de 2015 en Cali, Colombia. En 2019, obtivo a medalla dourada na categoría de 400 metros nos Xogos Panamericanos de 2019 en Lima. Nos mesmos xogos, novamente conseguiu o ouro, desta volta ba categoría 4x400 metros remudas.[2][3][4]
Mundial de atletismo 2019
editarNo Campionato Mundial de Atletismo disputado en Doha en 2019, Zambrano obtivo a medalla de prata na categoría de 400 metros masculino, converténdose no primeiro medallista colombiano na historia desta competencia. O atleta superou ademais a súa propia marca nacional, estabelecida nas semifinais, cun tempo de 44,15 segundos.[1][5]
Xogos Olímpicos de Toquio 2020
editarNo ano 2021, logrou a medalla de prata na categoría de 400m masculino cun tempo de 44,08 segundos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "¡Histórico! Anthony Zambrano conquistó la plata en el Mundial de Atletismo". Caracol Radio (en castelán). 4 de outubro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2019.
- ↑ "Anthony Zambrano remató un espectacular 4x400 y le da el oro 27 a Colombia". Zona Cero (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ "Zambrano se vuelve a bañar de oro en el relevo de los 4x400 metros". www.elheraldo.co (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ "Anthony Zambrano consiguió el segundo oro en atletismo en los Panamericanos de Lima". El Espectador (en castelán). 8 de agosto de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ "En video | ¡Histórico! Anthony Zambrano logra medalla de plata en Mundial de Atletismo". www.elheraldo.co (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2019.