Abrir o menú principal

Samacá

concello do departamento de Boyacá, Colombia

Coordenadas: 5°29′31″N 73°29′12″O / 5.49194, -73.48667

Samacá
Flag of Samacá (Boyacá).svg
Coats of arms of None.svg
IGLESIA DE NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO DE SAMACA.jpg
Igrexa de Samacá.
Localización
Samacá en Colombia
Samacá
Samacá
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoBoyacá
RexiónCentro
Xeografía
Altitude2 765[1] msnm
Superficie160 km²
Demografía
Poboación19 907 (2015)[2][3]
Densidade124,42 hab/km²
XentilicioSamaquense
Outros datos
Código postal153660-153667[4]
AlcaldeWilson Castiblanco Gil (2016-2019)
http://www.samaca-boyaca.gov.co/

Samacá é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado a uns 30 km da cidade de Tunja. En canto á súa poboación, é o oitavo municipio máis poboado do departamento.

O concello limita polo norte con Sáchica e Sora, polo sur con Guachetá e Ventaquemada, polo leste con Tunja, Cucaita e polo oeste con Ráquira.

ToponimiaEditar

O topónimo Samacá, en muysc cubun (lingua muisca) deriva dos vocábulos Sa, título de nobreza; Ma nome propio; Ca «fortaleza» e «mansión dun soberano».[5]

HistoriaEditar

 
Paisaxe samaquense.
 
Vista do Val de Samacá, onde antigamente estaba a Lagoa de Cansicá.

Samacá, situado no terceiro ramal da Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, estaba asentado, na época precolombiana, a beiras dunha gran lagoa coñecida como Lagoa de Cansicá, que chegaba até o actual municipio de Cucaita, en cuxas beiras se estabeleceron varias comunidades indíxenas ó parecer chamados Patagüy, Foacá, Sáchica, etc. Aínda que a maior parte da Confederación Muisca estaba baixo dominio do Zaque de Hunza e do Zipa de Bacatá, na zona da lagoa conformáronse cacicazgos independentes que non lle rendía tribuno a ningún dos dous anteriores, presuntamente ao mando do cacique Sáchica. Ante o non pago de tributos, o Zaque de Hunza deulle a orde ó cacique Boyacá para que expulsase a tales grupos; Boyacá entón chamou ós seus lugartenentes e conformou unha avanzada que puxo ó mando de Samacá, Cucaita, Sora e Tibaquirá, os cales tamén eran guerreiros, quen procederon a expulsar a Sáchica, quen coa súa comunidade se repleou ao lugar onde na actualidade está o poboado.

Unha vez expulsados e como os mencionados guerreiros viñan da zona do que hoxe é Boyacá, procederon a repartir o novo territorio que antes ocupaba Sáchica polas ladeiras da lagoa, correspondéndolles precisamente as áreas onde hoxe están os municipios de Samacá, Cucaita e Sora; pola súa banda, o cacique Boyacá decidiu tomar a zona do que hoxe é Boyacá, e Tibaquirá quedou cunha zona alta situada no que hoxe é o concello de Samacá, en verea que se denomina precisamente como Tibaquirá. Esta confrontación tivo lugar aproximadamente quince anos antes da chegada dos españois, que pasaron por ese sector contra o ano de 1537 con destino a Bacatá, ó mando da expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada, onde posteriormente o irmán de Jiménez de Quesada decidiu tomar ditas terras.

NotasEditar

  1. "Información general de Samacá". Alcaldía do concello. Consultado o 1 de maio de 2015. [Ligazón morta]
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  3. DANE
  4. "4-72 La Red Postal de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2011. 
  5. Historia[Ligazón morta], Samacá (Boyacá), páxina oficial do concello, URL Consultado o 22 de xullo de 2008.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar