Abrir o menú principal
Mapa do territorio muisca. Bacatá no territorio en verde.
Vista panorámica da capital de Colombia, Bogotá, cidade situada en parte do territorio coñecido polos muiscas como Bacatá.

Bacatá foi un dos cinco Zybyn que conformaban o territorio do Zipazgo, na Confederación muisca. A súa capital era o Uta de Funza, chamado tamén Muyquyta (ou Muequetá),[1] que á súa vez era a capital do Zipazgo.[2] O territorio do Zybyn de Bacatá abranguía boa parte da actual sabana de Bogotá, e precisamente da verba Bacatá provén o nome da actual cidade de Bogotá, capital da República de Colombia. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada fundou no territorio de Bacatá a cidade de Santafé de Bogotá o 6 de agosto de 1538, capital do Novo Reino de Granada, e posteriormente do Vicerreinado de Nova Granada.

O Zybyn de Bacatá era o de maior importancia no Zipazgo, non só polo número de Uta adscritos ó seu dominio, senón tamén porque Funza, a súa capital, era a residencia oficial e sede do goberno do Zipa, supremo gobernante do Zipazgo.

Os habitantes do zipazgo foron chamados xenericamente polos españois como "bacataes", por mor da importancia político-administrativa deste territorio.[1] Tamén o Zipa foi chamado, ocasionalmente, "Bacatá".[3]

Índice

EtimoloxíaEditar

A verba Bacatá significa en muysccubun (lingua muisca), "fóra da labranza", e componse dos termos bac, fac, ou faqui (lugar externo).[4] e ta (labranza, horta ou sementeira),[5] Segundo outras versións, Bacatá significa "remate ou límite da labranza".[6][7]

Muyquyta (ou Muequetá) quere dicir "labranza do campo", e era outro nome do Uta de Funza.[1][8] A palabra Muyquyta componse dos termos muyquy (campo)[9] e ta (labranza, horta ou sementeira).[5]

Segundo algúns autores, Bacatá ("fóra da labranza") foi o nome dado a Muyquyta (Funza) para diferencialo do poboado español, chamado Santafé, e sería posteriormente cando se unirían os dous nomes en "Santafé de Bogotá".[10]

TerritorioEditar

 
Detalle do mapa da cidade colonial de Santafé de Bogotá, feito por José Aparicio Morato en 1772. A cidade de Bogotá, capital de Colombia, foi construída sobre o territorio muisca do Zybyn de Bacatá, cuxa capital, Funza (ou Muyquyta), era tamén a capital do Zipazgo.

As Uta[11] adscritas ó Zybyn de Bacatá eran:

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Itinerario étnico de la personalidad histórica de Colombia. Volume II, "Época Prehispánica". (Procuraduría Xeral da Nación. Instituto de Estudos do Ministerio Público. Bogotá, 2010), p. 15.
  2. Sánchez Cabra, Efraín. Los Muiscas (Banco da República de Colombia, Bogotá, 2007), p. 2. ISBN: 978-958-664-196-8
  3. Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 209. ISBN: 958-683-643-6
  4. Dicionario Muysccubun / fac
  5. 5,0 5,1 Dicionario Muysccubun / ta
  6. Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 283. ISBN: 958-683-643-6
  7. Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 213. ISBN: 958-683-643-6
  8. Dicionario Muysccubun / muyquyta
  9. Dicionario Muysccubun / muyquy
  10. Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 285. ISBN: 958-683-643-6
  11. Uta é unha palabra en muysccubun que ten significación tanto de singular como de plural, polo que o termo "utas", para designar o plural, sería unha castelanización incorrecta.

Véxase taménEditar