Facatativá

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Facatativá é un concello do departamento de Cundinamarca, no centro de Colombia. É a capital da Provincia de Sabana Occidente. Atópase a 36 km de Bogotá, preto da estrada que conduce a Medellín. É a segunda cidade de Cundinamarca por poboación. Posúe especies tanto de flora como de fauna xa extintas noutros lugares do Altiplano Cundiboyacense. Alberga á súa vez o Parque arqueolóxico de Facatativá.

Modelo:Xeografía políticaFacatativá
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 4°48′53″N 74°21′19″O / 4.8147, -74.3553Coordenadas: 4°48′53″N 74°21′19″O / 4.8147, -74.3553
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
ProvinciaWestern Savanna Province (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación117.133 (2012) Editar o valor em Wikidata (740,14 hab./km²)
Xeografía
Superficie158,258 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.586 m Editar o valor em Wikidata
Creación3 de xullo de 1600 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Sitio webfacatativa-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O topónimo «Facatativá» provén do muysc cubun (lingua muisca). Provén das raíces fac («fóra»), a (xenitivo de posesión) e ta («labranza»). Porén, a toponimia aceptada segundo as características que presenta o concello deriva da palabra das raíces faca («cercado», «fortaleza», «mansión señorial») e tyba («capitanía»). O significado máis usual é «Cercado forte ó final da chaira».[1]

Historia editar

Época precolombiana editar

 
Tisquesusa, zipa de Bacatá que morreu en Facatativá, asasinado por un soldado español.

Os arredores de Facatativá foron un asentamento precolombiano. Os seus habitantes eran muiscas, da familia dos chibchas. Estes habitaron as zonas contiguas porque alí os terreos eran menos pantanosos.

O territorio pertencía ó cacicado de Bacatá e era un dos principais centros relixiosos dos indíxenas polas xigantescas pedras presentes na chaira. Estas representaban para os indíxenas un misterio, un refuxio e un forte militar, pois eran o principal sitio de defensa contra os panches. Hai ademais unha serie de túneles subterráneos que nacen nas covas nas rocahs. Atribúeselles un uso militar e para ofrecer ouro á terra.

Cando Gonzalo Jiménez de Quesada se decatou de que o zipa Tisquesusa se atopaba en Facatativá, atacouno no medio da noite. Tisquesusa saíu a correr no medio da escuridade, entre as matogueiras, ata que un soldado español, sen saber que se trataba do zipa, o atravesou no peito cunha espada e quitoulle as súas pertenzas.

O día seguinte, os servidores de Tisquesusa atoparon o seu corpo logo de ver paxaros sobrevoando no sector. Enseguida o levaron e o sepultaron nun lugar descoñecido. O Parque das Pedras do Tunjo podería ser o "Cercado de Pedra" onde Tisquesusa se refuxiou e en cuxas proximidades foi asasinado.

Anoxados por non atopar o tesouro de Tisquesusa, os españois regresaron a Funza, e só algúns días despois se decataron de que o zipa morrera aquela noite

Ante a debilidade de Chiayzaque, cacique de Chía e lexítimo sucesor de Tisquesusa, Zaquesazipa asumiu o mando do zipazgo.

Conquista e Colonia editar

A fundación no sitio actual, por parte dos españois, dáse no medio do antigo "Tocatativa" e "O Cercado". Os españois Alonso Olalla Herrera e Hernando de Alcocer realizan en 1561 o "Ritual de Conquista", esixido naquel entón pola Coroa Española, e decláranse fundadores de Facatativá e Bojacá. Outórgaselle a Olalla Herrera a encomenda de Facatativá e a Alcocer a de Bojacá.

Na Colonia ábrese o camiño que de Santafé de Bogotá conducía a Honda. Facatativá, pola súa posición estratéxica, toma grande importancia no Novo Reino de Granada. Nesta época, a extensión do resgardo indíxena increméntase ó converterse nun importante punto comercial entre a capital, o río Magdalena e a cidade de Guaduas.

O 25 de maio de 1781 José Antonio Galán dirixiuse a Facatativá para deter a Juan Francisco Gutiérrez de Piñeros. Galán atacou, venceu e fixo prisioneiros ós homes do vicerrei. Foron os primeiros disparos que se ouviron no Altiplano Cundiboyacense contra os españois. Galán regresou a Facatativá o día seguinte para liberar os prisioneiros. Nese momento chegaban polo oeste 25 arcabuceiros que a Real Audiencia enviara para a axuda dos vencidos. Galán saíu ó seu encontro e obtivo un segundo triunfo.

O 30 de maio, partiu para Guaduas, deixando unha nova administración política en Facatativá. O 2 de febreiro de 1782 é feito prisioneiro e executado en Santafé. A súa cabeza foi exhibida na praza principal de Facatativá.

Un exército de 80 homes, entre os cales aparece Mariano Grillo como tenente dunha das Compañías, e o tenente Tomás Acosta (nado en Facatativá en 1781), parten para Bogotá e proceden a combater en Cáqueza e nos chairos do Casanare.

O 9 de maio de 1830 Simón Bolívar pasa por última vez por Facatativá.

En 1851 estabelécese o primeiro servizo de ómnibus de Colombia entre Facatativá e Bogotá. En 1856 eríxese a Parroquia de Facatativá. O 1 de novembro de 1865 emítese dende Facatativá a primeira mensaxe telegráfico. Devandita mensaxe estaba dirixido ó presidente Manuel Murillo Toro. O mesmo ano, vótase en Facatativá a quinta Constitución de Cundinamarca. As maquinarias da imprenta expropiada El Tradicionalista son repartidas entre Facatativá, Zipaquirá e La Mesa.

Notas editar

  1. Otras interpretaciones son: Cercado Fuerte Afuera de la Labranza, Capitanía en las Cuevas de piedra Afuera de la Labranza, Mansión de Piedra, Fortaleza de la Frontera Afuera de la Labranza, Afuera de la Labranza, Dominio del Soberano y Gobierno Militar Cueva de Piedra, Mansión del Cercado y Labranza de Afuera y Cercado Fuerte al Final de la Llanura.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar