Abrir o menú principal

Bosa, Bogotá

localidade do Distrito Capital de Bogotá

Coordenadas: 4°37′1″N 74°11′24″O / 4.61694, -74.19000

Vista aérea de Bosa.
Mapa de Bosa no Distrito Capital.

Bosa é a localidade número 7 do Distrito Capital de Bogotá. Atópase situada no suroeste da cidade.

Algúns dos seus principais sitios de interese son o parque fundacional, coa súa igrexa histórica, a casa da cultura e o cabido indíxena muisca no barrio Bosa Palestina.

HistoriaEditar

Bosa foi un importante poboado indíxena muisca na época precolombiana.

A vila de Bosa, localizada daquela a tres horas de camiño a pé dende a cidade de Bogotá, caracterizouse dende sempre polo seu clima frío, con excelentes condicións para o cultivo, a gandaría e a caza. O seu nome, que vén da linguaxe indíxena e está representado polo xeroglífico dun nariz coas fosas abertas, significa, segundo os muiscas, o segundo día da semana ou o cercado para gardar e defender as mieses. Esta rexión era terra de indíxenas e estaba baixo o mando do señor do poboado, o cacique Techotiva, cuxos descendentes levan apelidos como Neuta, Chiguazuque, Tunjo ou Orobajo. Bosa foi escenario permanente de encontros de guerra e paz entre os muiscas e outras comunidades de rexións próximas como os sutagaos, situados nas hoxe rexións do Sumapaz e Tequendama.

En 1538, Bosa constituíuse no lugar de encontro de tres conquistadores, Gonzalo Jiménez de Quesada, Nicolás de Federmán e Sebastián de Belalcázar. O encontro desenvolveuse de maneira pacífica e os tres conquistadores acordaron enviar as súas pretensións territoriais a España para a arbitraxe da coroa, o cal posteriormente se resolvería en favor de Belalcázar.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar