Subachoque

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Subachoque é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 45 km de Bogotá. Limita polo leste con Zipaquirá, Tabio e Tenjo, polo norte con Pacho e Zipaquirá, polo sur con El Rosal e Madrid, e polo oeste con Supatá e San Francisco de Sales. Fundouno Jacinto Roque Salgado o 16 de marzo de 1774. En 1861 foi o escenario da batalla de Subachoque, no que o exército de Tomás Cipriano de Mosquera derrotou ó de Mariano Ospina Rodríguez. Tradicionalmente, a rexión forneceu de produtos alimenticios a Bogotá e a outras poboacións da sabana. Nas últimas décadas do século XX desenvolveuse a sementeira intensiva de flores para a exportación.

Modelo:Xeografía políticaSubachoque
Imaxe

Localización
Mapa
 4°55′41″N 74°10′25″O / 4.9281, -74.1736Coordenadas: 4°55′41″N 74°10′25″O / 4.9281, -74.1736
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
ProvinciaWestern Savanna Province (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie212 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.663 m Editar o valor em Wikidata
Creación16 de marzo de 1774 Editar o valor em Wikidata

Páxina websubachoque-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O topónimo «Subachoque» en muysc cubun (lingua muisca) significa «fronte de traballo». Outro posible significado é «Traballo do Sol».[1]

Notas editar

  1. "Sitio oficial del Municipio de Subachoque - Información General - Historia". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 01 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar