Nemocón

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Nemocón é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), situado na provincia de Sabana Centro, a 45 km de Bogotá.

Modelo:Xeografía políticaNemocón
Imaxe

Localización
Mapa
 5°04′00″N 73°52′41″O / 5.0667, -73.8781
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie98,1 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.600 m Editar o valor en Wikidata
Creación26 de xullo de 1600 Editar o valor en Wikidata

Páxina webnemocon-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

O topónimo «Nemocón» significa, en muysc cubun (lingua muisca), «Queixume ou Ruxido do Guerreiro».

Historia

editar

Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Nemocón estivo habitado polos nemzas, da Confederación muisca. Dende tempo inmemorial, os indíxenas explotaban as minas de sal. Nos campos de Nemocón tivo lugar a primeira batalla entre os españois, comandados por Gonzalo Jiménez de Quesada, e os güechas (guerreiros muiscas) do zipa Tisquesusa, ó mando de Zaquesazipa, irmán do zipa.

O 9 de xullo de 1593 chegou de visita o oidor Miguel de Ibarra. O 11 de agosto, Francisco de Rivero fixo descrición dos indios, da que resultaron 302. O 26 de xullo de 1600 chegou de visita o Pedro Gonzales Rioja e proferiu auto desta data e xunto cos indios de Tasgata fundou a vila. Máis tarde, os de Tasgara foron engadidos a Tausa por Joaquín de Aróstequi.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar