Tunja
Coordenadas: 5°32′25″N 73°21′41″O / 5.54028, -73.36139
Tunja é un concello colombiano, capital do departamento de Boyacá, que se atopa sobre a cordilleira oriental dos Andes, a 130 km ó nordés de Bogotá. É a cidade capital máis alta do país. Tunja foi construída sobre Hunza, unha das capitais da confederación muisca o 6 de agosto de 1539. Co seu título de cidade outorgado pola coroa española, Tunja chegou a converterse nun fortín para colonos emigrantes de Castela, Estremadura e Andalucía, e un dos maiores centros administrativos, xudiciais, políticos e culturais do país. Durante o axitado período da independencia, constituíuse como capital da República de Tunja o 9 de decembro de 1811.
Tunja | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vistas da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Boyacá | ||
Rexión | Centro | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 782[1] msnm | ||
Superficie | 121,49[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 195 496 (2017)[2] | ||
Densidade | 1656,75 hab/km² | ||
Xentilicio | Tunjano/a[1] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 150001–150009[3] | ||
Alcalde | Pablo Emilio Cepeda Novoa (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Tunja alberga un conxunto monumental protexido no seu Centro Histórico e declarado patrimonio da Nación en 1959.[4][5] Ó longo da súa historia, Tunja foi recoñecida como un importante centro literario, científico, cultural e histórico. É considerada como a cidade Universitaria de Colombia, e é a sede de eventos de carácter internacional como o Festival Internacional da Cultura de Boyacá e do Aguinaldo Boyacense.[6][7][8]
Tunja é igualmente a cidade máis segura de Colombia segundo o informe presentado polo Centro Internacional para a Prevención da Criminalidade.[9] En canto á economía segundo o DANE, o desenvolvemento recente de infraestrutura e da industria da construción contribuíron a un aumento do PIB de 4.0% en 2014.[10]
EtimoloxíaEditar
O seu nome actual derívase do termo Hunza, ou tamén Junza ou Tchunza[11] Nunca se lle deu oficialmente o nome de Santiago de Tunja. Esta denominación xorde da primeira división en parroquias que tivo a cidade, que a organizou na parroquia da nosa Señora das Neves, ó norte; Santa Bárbara, ó sur, e Santiago de Tunja, no centro. O patrón da cidade de Tunja e da Catedral é o Apóstolo Santiago o Maior. Por iso adquire o nome de Parroquia de Santiago de Tunja.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Información general de Tunja" (en castelán). Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 12 de xaneiro de 2017.
- ↑ "4-72 La Red Postal de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2011.
- ↑ Congreso de Colombia (ed.). "Ley de defensa y conservación del patrimonio histórico, artístico y monumentos nacionales" (PDF). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ Moreno, Víctor Hugo (8 de xuño de 2000). El Tiempo, ed. "Tunja, para volver al pasado" (en castelán). Boyacá. Consultado o 18 de agosto de 2018.
- ↑ Ocampo López, Javier (5 de maio de 1995). El Tiempo, ed. "Tunja, cidudad universitaria" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ Ministerio de Educación de Colombia (ed.). "Tunja, como ciudad universitaria, honra a Colombia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2018.
- ↑ Banco da República de Colombia (ed.). "Tunja, ciudad que emerje" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2018.
- ↑ Centro Internacional para la prevención de la criminalidad (ed.). "Prevención de la criminalidad y seguridad ciudadana" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ "ICER Boyacá 2015" (PDF) (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ "Nombre de Santiago de Tunja" (en castelán). Archived from the original on 15 de decembro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2018.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tunja |
BibliografíaEditar
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficialArquivado 23 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)