Valledupar

capital e concello do departamento de Cesar, Colombia

Coordenadas: 10°27′37″N 73°15′35″O / 10.46028, -73.25972

Valledupar é un concello colombiano, capital do departamento do Cesar. É a cabeceira do concello homónimo, o cal ten unha extensión de 4493 km2, 483 250 habitantes e xunto á súa área metropolitana reúne 662 941 habitantes; está conformado por 25 correxementos e 102 vereas.

Valledupar
Vista da cidade.
Localización
Valledupar en Colombia
Valledupar
Valledupar
País Colombia
DepartamentoCesar
Xeografía
Altitude168 msnm
Superficie4 493[1] km²
Demografía
Poboación483 250 (2018)[2][3]
Densidade97,1 hab/km²
XentilicioValduparense
Vallenato, -a
Outros datos
Código postal200001–200005
AlcaldeAugusto Ramírez Uhía (2016-2019)
Páxina oficial

Atópase ó nordeste da Costa Atlántica colombiana, a beiras do río Guatapurí, no val do río Cesar formado pola Serra Nevada de Santa Marta ó oeste e a serranía do Perijá polo leste.

A cidade é un importante centro para a produción agrícola, agroindustrial e gandeira na rexión comprendida entre o norte do departamento do Cesar e o sur do departamento de La Guajira, no punto intermedio das dúas concas de explotación carbonífera máis grandes do país.

Notas Editar

  1. "Información general de Cáceres". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  3. "Boletín Censo General 2005 - Perfil Valledupar" (PDF). DANE. Consultado o 7 de decembro de 2011. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar