Montería, Colombia

cidade e concello do departamento de Córdoba, Colombia

Coordenadas: 8°45′35″N 75°53′8″O / 8.75972, -75.88556

Montería é un concello colombiano, capital do departamento de Córdoba. Atópase ó noroeste do país na rexión Caribe Colombiana, a beiras do río Sinú, polo que é coñecida como a "Perla do Sinú". É considerada a capital gandeira de Colombia; anualmente celebra a feira da Gandaría durante o mes de xuño.[1] É ademais, un importante centro comercial e universitario, recoñecida como unha das cidades colombianas con maior crecemento e desenvolvemento nos últimos anos e por impulsar o desenvolvemento sustentable.[2]

Montería, Colombia
Catedral de Montería.
Localización
Montería en Colombia
Montería
Montería
País Colombia
DepartamentoCórdoba
Xeografía
Altitude18 msnm
Superficie3 141 km²
Demografía
Poboación460 223 (2018)
Densidade146,52 hab/km²
XentilicioMonteriano, -a
Outros datos
AlcaldeMarcos Daniel Pineda (2016-2019)
Páxina oficial

A cidade é a capital de Córdoba dende 1952, cando este territorio se separou do departamento de Bolívar.[3] É o centro administrativo, cultural, económico e político da rexión cordobesa, sendo sede de certames turísticos e festividades.[4]

Notas Editar

  1. "Como es Montería". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  2. "Historia de Montería". 
  3. "De villa soñada a capital olvidada". 
  4. "Montería: La ciudad de las Golondrinas". 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar