Santa Marta, Colombia

cidade de Colombia

Santa Marta é un concello de Colombia e capital do departamento de Magdalena, na Rexión Caribe. Foi fundada o 29 de xullo de 1525 polo español Rodrigo de Bastidas, o que a converte na cidade en pé máis antiga de Colombia. Atópase ás beiras da baía homónima. Dende 1991 foi organizada constitucionalmente como Distrito Turístico, Cultural e Histórico.[1]

Modelo:Xeografía políticaSanta Marta, Colombia
Imaxe

EpónimoMarta de Betania Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°14′10″N 74°12′06″O / 11.2361, -74.2017
EstadoColombia
DepartamentosMagdalena Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación515.556 (2019) Editar o valor en Wikidata (1.755,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie293,65 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude8 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorRodrigo de Bastidas Editar o valor en Wikidata
Creación1525 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Santo padrónMarta de Betania Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio websantamarta-magdalena.gov.co… Editar o valor en Wikidata

É coñecida polas súas actividades turísticas, a historia das súas rúas e das súas praias.[2] O balneario El Rodadero é un dos principais destinos do Caribe colombiano. A súa área urbana está situada entre a Serra Nevada de Santa Marta e o mar Caribe, e o Parque de Tayrona está baixo a súa xurisdición. Entre os seus atractivos culturais e históricos atópanse a Aduana, a Catedral Basílica, a Biblioteca do Banco da República, o Seminario San Juan Nepomuceno, o Paseo Bastidas, La Quinta de San Pedro Alejandrino, a praza de Bolívar e o parque de Los Novios.

  1. "Constitución Política de Colombia. Artículo 356. Adicionado por el artículo 2.º del acto legislativo número 1 de agosto 18 de 1993" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2007. Consultado o 9 de xullo de 2008. 
  2. "Las playas paradisíacas de Santa Marta". Marca País Colombia (en castelán). 2015-05-27. Consultado o 2021-02-04. 
Principais cidades de Colombia

 
Bogotá
 
Medellín
 
Cali

Cidade Departamento Poboación Cidade Departamento Poboación

 
Barranquilla
 
Cartaxena
 
Cúcuta

1   Bogotá Cundinamarca 8 264  029   11   Villavicencio Meta 503 414
2   Medellín Antioquia 2 522 081   12   Santa Marta Magdalena 499 219
3   Cali Valle del Cauca 2 434 110   13   Bello Antioquia 485 970
4   Barranquilla Atlántico 1 232 226   14   Valledupar Cesar 423 593
5   Cartaxena de Indias Bolívar 1 006 323   15   Pereira Risaralda 406 348
6   Soledad Atlántico 682 910   16   Buenaventura Valle del Cauca 398 527
7   Cúcuta Norte de Santander 652 320   17   Pasto Nariño 386 598
8   Soacha Cundinamarca 550 054   18   Manizales Caldas 373 862
9 Ibagué Tolima 543 564   19   Montería Córdoba 362 917
10   Bucaramanga Santander 522 439   20   Neiva Huila 329 462
Proxección 2019 - DANE