Zaque

Gobernante muisca do norte da Confederación

Zaque era o título de nobreza dado polos muiscas ós gobernantes da parte norte da Confederación muisca, no Altiplano Cundiboyacense, e a súa sede de goberno era a cidade de Hunza, hoxe Tunja. Cando Gonzalo Jiménez de Quesada chegou á rexión, Quemuenchatocha era o zaque reinante.

Mapa do territorio muisca á chegada dos españois (século XVI). Os dominios do Zaque en amarelo.

O Zaque era considerado descendente de Sué (o Sol), mentres que o Zipa (gobernante da parte sur), era considerado descendente da deusa Chía (a Lúa). O Zaque tiña autoridade absoluta sobre o goberno do Zacazgo.[1]

Zaques de Hunza editar

Gobernantes muisca de Hunza (zaques)
Imaxe Nome Comezo Remate Detalles
 
Hunzahúa ? 1470 Fundou a cidade de Hunza, hoxe Tunja
 
Michuá 1470 1490 Morreu na batalla de Chocontá
 
Quemuenchatocha 1490 1537 Gobernaba cando os españois chegaron a Colombia
 
Aquiminzaque 1537 1539 Derradeiro gobernante muisca do norte

Notas editar

  1. Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII

Véxase tamén editar

Outros artigos editar