Batalla de Chocontá
A batalla de Chocontá foi unha batalla que se produciu no seo do conflito entre os muiscas do norte e do sur da confederación muisca, na precolombiana do centro de Colombia. A batalla produciuse c. 1490 en Chocontá. Enfrontáronse un exército de 50 000 güechas do sur, liderados polo zipa Saguamanchica, e 60 000 güechas do norte liderados polo zaque Michuá, quen tamén contaba co apoio do cacique de Guatavita.
Batalla de Chocontá | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerras da Confederación muisca | |||||||
Batalla de Chocontá, por Lucas Fernández de Piedrahita (1676) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Zipazgo dos muiscas do sur | Zacazgo dos muiscas do norte | ||||||
Líderes | |||||||
Saguamanchica † | Michuá † | ||||||
Forzas en combate | |||||||
~50 000[1] | ~60 000[2] |
Contexto
editarNas décadas anteriores á chegada e invasión dos conquistadores españois ás terras altas centrais de Colombia, a área estaba gobernada por dous grupos principais: o zacazgo da rexión muisca do norte e o zipazgo da rexión muisca do sur. Se ben as dúas faccións estaban unidas nunha confederación, libraban numerosas guerras para dominar o terreo e obter acceso aos recursos da zona, principalmente ouro, cobre e esmeraldas.[3]
Os muiscas do norte habitaban a área que aproximadamente se corresponde co actual departamento de Boyacá, mentres que os muiscas dos sur vivían no actual departamento de Cundinamarca. A capital do zaque era Hunza, actual Tunja, e a do zipa era Bacatá, que máis tarde se convertería na capital de Colombia, Bogotá.[2]
Batalla
editarO exército sureño de güechas de Saguamanchica reuniuse preto de Chocontá para enfrontar a Michuá. A batalla durou tres horas e foi considerada como especialmente sanguenta. Os líderes dos dous exércitos morreron durante a loita, mais o zipazgo dos muiscas do sur saíu vitorioso. Quemuenchatocha converteuse no novo zaque de Hunza e o zipa de Bacatá foi sucedido por Nemequene.[1][2]
A batalla foi un dos primeiros actos de guerra muisca rexistrados polo bispo e cronista Lucas Fernández de Piedrahita.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Biografía de Saguamanchica – Pueblos Originarios (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Historia dos muiscas Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine. – Banco da República (en castelán)
- ↑ Muisca history; natural resources – Pueblos Originarios (en castelán)
- ↑ Adolfo Constenla Umaña, 1996 – Poesía Tradicional Indígena Costarricense (Editorial de la Universidad de Costa Rica) (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández de Piedrahita, Lucas (1688). Historia general de las conquistas del Nuevo Reino de Granada (en castelán). Consultado o 2016-07-08.