Aquiminzaque

Cuarto e derradeiro zaque de Hunza

Aquiminzaque foi o cuarto e derradeiro zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. Foi o gobernante da parte norte da confederación muisca cando os conquistadores españois chegaron ás terras altas de Colombia. A súa contraparte zipa na área sur da Confederación muisca foi Zaquesazipa.

Aquiminzaque
Zaque de Hunza
AQUIMINZAQUE.jpg
Aquiminzaque

Reinado1437-1540
Nacemento
Hunza
Falecemento1540
Hunza
PredecesorQuemuenchatocha
SucesorDerradeiro zaque

Mapa do territorio muisca. O goberno do zaque en amarelo.

BiografíaEditar

Hábil líder dende os seus dous primeiros anos de mando, o seu goberno foi interrompido polos avatares dos conquistadores españois no seu territorio. Nun principio, mantivo colaboración con estes e mesmo se converteu ó catolicismo, mais ó decatarse das esixencias dos conquistadores fronte ó pobo muisca, non tardou en amosar a súa inconformidade e rebelión. Foi executado por Hernán Pérez de Quesada mediante decapitación.

Coa súa morte chegaría a súa fin a Confederación muisca.

Predecesor:
Quemuenchatocha
Zaque de Hunza
14371540
Sucesor:
Derradeiro zaque

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar