Abrir o menú principal

Cecilia

nome feminino

Cecilia (tamén Cilla, Cecía, Icía, Cía ou Sía) é un nome feminino galego de orixe latina: Cæcilla que significa: cegueira ou ceguiña [de Cæcus (cego) e illius/illa (diminutivo)]. A Gens Cecilia era unha das grandes familias da República Romana.

O nome está moi relacionado cos nomes Celia (variantes: Celeste, Celestina, Celina e Celsa) provenientes tamén do latín e co significado: pertencente ao ceo.

SantoralEditar

 
Santa Cecilia é a patroa dos músicos.

Santa Cecilia (en latín, sancta Caecilia), santa padroa dos músicos, foi unha nobre romana convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe entre os anos 180 e 230.

A principal festa de Santa Cecilia celébrase o 22 de novembro.

Santas
Beatas

EstatísticasEditar

Galicia

Non é un nome moi común en Galicia, pero si en Asturias. Santa Cecilia, Cilla ou Sía é padroa de catro parroquias en Galicia: Freán, O Saviñao; Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol; Santa Cilla do Valadouro, Foz e Santa Sía de Roma, Zas.[1] 1.150 mulleres levan o nome Cecilia en Galicia[cando?]. As variantes Cilla (menos de cinco persoas) e Cecía (seis persoas) [2] están en desuso[3] Como curiosidade, a variante galega Cilla tamén é usada en Suecia e Holanda.

Noutros lugares

É un nome popular nos Estados Unidos de América (entre os 500 primeiros nomes de nenas). Tamén é dos nomes máis populares de Suecia a comezos do século XXI.[4]

VariantesEditar

En galego
  • Cecilia, Cilla, Cecía, Cecia, Icía.

Existe o masculino Cecilio.

Noutras linguas
Variantes masculina

Algúns persoeirosEditar

Galegas
Outras

NotasEditar

Véxase taménEditar