Cecilia Vázquez
avogada e política galega
(Redirección desde «Cecilia Vázquez Suárez»)
Cecilia Vázquez Suárez, nada en Betanzos en 1977, é unha avogada e política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Cecilia Vázquez Suárez ![]() 1977 ![]() Betanzos, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política , avogada ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en dereito pola Universidade de Vigo. Responsable da Oficina transfronteiriza de información xuvenil Galicia-Norte de Portugal (2009-2010), foi presidenta da asociación xuvenil Brigantium (1999-2012) e coordinadora da rede galega de dinamización xuvenil (2011-2015). Foi nomeada directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en xuño de 2015.[1] Foi cesada en decembro de 2018,[2] ao ser candidata polo PPdeG á alcaldía de Betanzos,[3] sendo substituída por Cristina Pichel Toimil.