Carnota

concello da comarca de Muros, na provincia da Coruña
(Redirección desde «Carnotán»)

Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 4.376 habitantes (4.938 no 2009, 5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O xentilicio é carnotán.[1]

Modelo:Xeografía políticaCarnota
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°49′16″N 9°05′14″O / 42.821111111111, -9.0872222222222Coordenadas: 42°49′16″N 9°05′14″O / 42.821111111111, -9.0872222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalCarnota Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.815 (2023) Editar o valor em Wikidata (50,49 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie75,56 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude700 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataRamón Noceda Caamaño Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Carnota Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15293 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15020 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellocarnota.com Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

Censo total (habitantes) 4.376 (2014)
Menores de 15 anos 348 (7,95 %)
Entre 15 e 64 anos 2.492 (56,95 %)
Maiores de 65 anos 1.536 (35,10 %)
Evolución da poboación de Carnota   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.507 6.594 7.196 7.213 5.285 4.605
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

 
Praia de Carnota. Lira está na península, Carnota, a capital, á esquerda de todo.

O concello ten 70,9 km2, e abrangue 5 parroquias. Ocupa unha estreita franxa costeira entre os montes da serra de Outes ao leste (límite co concello de Mazaricos) e a costa do océano Atlántico ao oeste. Limita ao norte co concello de Dumbría a través da desembocadura do río Xallas e o monte Pindo, e ao sur co concello de Muros a través da punta Lens, nas inmediacións do Ancoradoiro. O seu centro administrativo e a casa do concello atópanse no núcleo de Carnota, dentro da parroquia de Santa Comba de Carnota.

Desde a súa creación, a estrada C-550 (de Fisterra a Tui) é a principal rota de comunicación. Na actualidade, coa mellora da estrada de Santa Comba a Muros, esta última converterase na vía principal con Santiago de Compostela.

 
Praia de Carnota, co lugar de Parada en primeiro plano, logo Boca do Río e Caldebarcos no fondo.

O concello marca a transición entre as rías Altas e as rías Baixas e é, segundo algúns, o derradeiro polo sur da costa da Morte.

A parte norte, a partir de Caldebarcos, é pedregosa e vai subindo cara ao Pindo, que no extremo norte cae sobre o mar desde unha grande altura. Os montes do Pindo esténdense entre a desembocadura do Xallas e o Valdebois. Este macizo montañoso atinxe a súa maior altura na monte Pindo (627 m), desde a que se poden albiscar as torres da catedral de Santiago. Existen numerosas lendas relacionadas con estes montes, chamados "O Olimpo Celta". Ao sur predominan as praias. A praia de Carnota pasa, cos seus case sete quilómetros, por ser a máis longa de Galiza. Parte deste espazo natural está protexido dentro da Rede Natura 2000 e conta con dunas móbeis, semi-móbeis e fixas. O relevo érguese rapidamente cara ao interior, chegando aos 503 m no lugar de Adraño.

O clima é oceánico húmido, con temperaturas suaves de 14-15 °C anuais e precipitacións abondosas entre 1.500 e 2.000 mm anuais.

Historia editar

 
Castelo de San Xurxo, no monte Pindo.

Existen mámoas e castros que indican que a zona foi poboada desde antigo. O castro de Mallou é unha acrópole fortificada da idade de ferro. O castro de Miñarzos está na actual vila de Lira, polo que está moi alterado.

Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámara e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum. Coa Gran Guerra Irmandiña de 1467 desapareceron as fortalezas. Hai restos de catro fortificacións:
O castelo de Penafiel, situado sobre o monte e a fervenza do Ézaro, foi derrubado durante a Gran Guerra Irmandiña. Era un castelo roqueiro, cunha serie de construcións e aterrazamentos nun penedo de difícil acceso. Na súa base hai unha inscrición de excomuñón, o que podería remontar a súa existencia cando menos ao século XII
O castelo de Pindo Central é unha gran fortificación na zona máis alta do Monte Pindo. Nela había unha capela.
O castelo de San Xurxo está nunha penichaira do monte Pindo, no camiño natural entre o arco de Carnota e as aldeas do Ézaro e o Pindo. Foi construído no século X polos prelados da Catedral de Santiago de Compostela, e pertenceu á Mitra de Santiago, á monarquía e a nobres feudais.
O castelo de Canedo (Canetum, ou Bico do Santo) é outra fortificación episcopal do século X. Tamén tiña unha capela, destruída segundo a tradición oral polo exército francés.

O lugar da capital, Carnota, naceu no século XVII. No século XIX foi saqueada polos franceses na Guerra de Independencia española.

Monumentos e turismo editar

 
Hórreo de Carnota.

Carnota é coñecida sobre todo polos hórreos ("cabaceiras") de Carnota (Monumento Nacional) e Lira, que compiten por seren os máis grandes de Galiza.

A igrexa de Carnota (Santa Comba) é barroca, ten planta de cruz latina e tres naves lonxitudinais. A de San Mamede é neoclásica, e conta cun retablo do século XVIII, obra do escultor J. Ferreiro.

O bico do Santo, situado no lugar de Pedrafigueira, é un picacho en cuxo cumio houbo unha ermida dedicada a San Sebastián.

Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepáranas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira).

A praia de Boca do Río, onde desemboca o río Valdebois, é moi popular entre os veraneantes. De feito, a revista alemá Traum Strände considéraa unha das praias máis fermosas do mundo.

Festas editar

  • O 1 de xaneiro celebrase a festa popular de San Gregorio con gran prestixio na comarca.
  • A comezos de agosto, celébrase a Festa de San Mamede, en honor ó patrón municipal.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Carnota.

Parroquias editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota

Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba)

Lugares de Carnota editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carnota vexa: Lugares de Carnota.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar