Abrir o menú principal

Benigno López Sanmartín

pintor, profesor e músico galego
(Redirixido desde "Benigno L. Sanmartín")

Benigno López Sanmartín, nado en Vilagarcía de Arousa en 1861 e finado en Pontevedra o 26 de marzo de 1928, foi un pintor, profesor e músico galego.

Benigno López Sanmartín
Benigno López Sanmartín, Galicia, revista ilustrada Año III, Núm. 24 15-XII-1908.jpg
Nacemento1861
 Vilagarcía de Arousa
Falecemento26 de marzo de 1928
 Pontevedra
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor, debuxante, profesor, violinista e compositor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Alumno do violinista Eduardo Dorado, en 1890 dirixía un quinteto. Dirixiu tamén a sociedade coral Orfeón Estudiantil, o Coro H (1880), o Orfeón Infantil e a Orquesta do Círculo Católico (1896). Tamén dirixiu a Rondalla-Estudiantina de Sanmartín, na que estaban Álvaro Berasategui, Javier Vieira, Pepe Temes, Constantino Berridy, Fernando Olmedo Reguera, Javier Pintos Fonseca e Ramón Señoráns, e que debutou en 1891 no Teatro Principal de Pontevedra. Como compositor escribiu tres pezas, entre elas a mazurca "La Ausencia" e a muiñeira "Maruxiña".

Como debuxante e pintor, foi alumno de Ramón Vives i Ayné e do francés Robert A. Marquet[1]. Completou a súa formación na Escola Especial de Pintura de Madrid como alumno no oficial[2]. Foi profesor de debuxo das escolas da Sociedade Económica de Amigos do País cando estaba presidida por Ernesto Caballero Bellido, nun local cedido por José Riestra López. Entre 1898 e 1903 foi profesor no Instituto de Pontevedra, onde deu clase a Carlos Sobrino Buhigas, Enrique Campo e Manuel e Perfecto Hermida Tilve.

 
Arlequinada, 1893, de Torcuato Ulloa, con portada de L. Sanmartín.

Como pintor usou o óleo e a acuarela. Participou na Exposición Rexional de 1880 de Pontevedra, exposición de Belas Artes de Madrid coa obra "Una exposición inesperada", e na Exposición Rexional de 1896 de Lugo presentou a obra "Un rincón d'a terriña". Fixo retratos de Riestra[3], un gravado de Eugenio Montero Ríos, óleos de Augusto González Besada e Raimundo Fernández Villaverde. A Deputación de Pontevedra, para a que traballaba, encargoulle os retratos dos presidentes Manuel Bárcena Franco, Francisco Javier Mugartegui Parga, José María Guerra Cobián, Sabino González Besada e Antonio López de Neira. Publicou óleos e gravados en La Ilustración Española y Americana, La Pequeña Patria, e debuxos en Extracto de Literatura, Galicia Cómica, Galicia Moderna e Galicia. En setembro e outubro de 1895 visitou Nova York con Celso García de la Riega.

En 1904 recibiu a medalla de prata da Asemblea Suprema da Cruz Vermella xunto con Isidro Otero Puga, e foi nomeado socio honorario da Sociedade Artística de Pontevedra.

Casou con Generosa Fernández e tiveron catro fillos: Benigno, María (casada en 1924 con Luís Amado Carballo), Luz e África. Morreu na súa casa da rúa do Arcebispo Malvar, e foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro.

NotasEditar

Galería de imaxesEditar

O xornalista Torcuato Ulloa, por Benigno L. Sanmartín, 1893. 
Ilustracións representando La suerte del pajarito e un bautismo anticipado en Extracto de Literatura.[1] 
Mi hijo, na portada de Galicia, revista ilustrada, 1908. 
Artigo de Prudencio Canitrot sobre L. Sanmartín. 

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar