Antón

nome masculino
(Redirección desde «Antonio»)

Antón ou Antonio é un antropónimo galego que entrou a través do latín, coa forma Antonius, interpretada como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel", mais de probábel orixe etrusca. Emprégase en todo mundo. A forma feminina é Antona[1] ou Antonia.

Santo Antón do Deserto, patrón dos animais, unha das persoas notorias de nome Antón.

Dende o Renacemento atribuíuselle unha orixe grega por mor da súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" ("Anthony" no canto de "Antony"), facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de Acaia.

O nome é común en Galiza. A forma Antonio é o segundo nome máis frecuente en España (1.543.089 persoas), e o primeiro se temos en conta como nome completo (765.138 persoas).

O nome en Galiza editar

O nome documentado tradicionalmente en Galiza é Antón; xa Frei Martín Sarmiento no século XVIII falaba do prenome: Anton de Domayo. Uno de los 12 segadores. Antón de “Antonius”. Hay San Antonio de Padua y San Antonio Abad, casi mil años anterior. Este santo abad se entiende cuando uno se llama Antón. Y entre los rústicos se llama también Antón, aunque uno tenga el nombre de San Antonio de Padua [2].

En galego antigo grafábase como Anton, Antõ ou Antom, e de aí pasou ao galego moderno coma Antón/Antonio e ao portugués moderno coma Antônio (Brasil), António (Portugal) ou Antão.

Diminutivos: Antoíño ou Antoniño. Abréviase como Tonecho, Tocho, Tucho, Toneco, Toño, Totó, Ton, Tono, Toni e Toniño (hipocorísticos).

Estatísticas editar

[cando?]4.668 varóns levan o nome de Antón en España; deles 1.876 en Galiza (40%). A variante Antonio é especialmente abundante no sur de España; en Galiza é común (38,793 varóns), especialmente na provincia de Ourense. A variante feminina Antonia, moi abundante na metade sur de España, non é moi frecuente en Galiza, só 4.620 mulleres levan o nome. Ningunha muller ten o nome galego Antona hoxe en día[3]. Varias parroquias levan o nome de Santo Antón e Santo Antonio como haxiotopónimo e, ademais, Santo Antón é o padroeiro de moitas parroquias.

Santoral editar

Principalmente:

Outras datas:

Refráns editar

  • O Santo Antón verdadeiro é o dazasete de xaneiro.
  • Por Santo Antón, xa a galiña pon[4].
  • Santo Antón vello e tristeiro, convida ás rapazas ao rezadeiro[5].

Persoas editar

Santos editar

Variantes noutras linguas editar

Notas editar

  1. Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel
  2. Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
  3. Instituto Nacional de Estadística - http://www.ine.es/tnombres/formGeneralresult.do?vista=1
  4. Juan Antonio Saco y Arce: Literatura popular de Galicia, 1881. Ed. De J. L. Saco, Ourense.
  5. Eladio Rodríguez González.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Albaigés Olivart, José María (1993). Diccionario de Nombres de Personas. Edicions Universitat Barcelona. ISBN 84-475-0265-1.