Àlex Soler-Roig

piloto de carreiras catalán
(Redirección desde «Alex Soler-Roig»)

Àlex Soler-Roig, nado en Barcelona o 29 de outubro de 1931[1], é un ex piloto de carreiras catalán. Participou en 10 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutando o 19 de abril de 1970 e non logrou ningún punto no campionato. Tamén participou en varias carreiras fóra de Campionato de Fórmula Un.

Modelo:BiografíaÀlex Soler-Roig

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Àlex Soler-Roig i Janer Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1932 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporterally
automobilismo
Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Participou en
1971, 1972Campeonato de España de Turismos (en) Traducir (1º) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesXavier Juncadella Salisachs, cuñado
Daniel Juncadella, sobriño
José Juncadella, cuñado Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do Dr. Soler-Roig, Àlex comezou a súa carreira no motociclismo antes de entrar no mundo das carreiras de coches, participando en mitins con Fiat e Porsche. As súas primeiras vitorias chegaron en 1958 no trofeo Nuvolari en Barcelona e o Rally de Cataluña. Isto permitiulle lograr algúns patrocinadores para participar no Rally de Monte Carlo. En 1968 correu nas 24 Horas de Le Mans co equipo oficial de Porsche pilotando un 907/6 Langheck e un ano máis tarde nas 24 Horas de Daytona, onde chegou a liderar á súa clase ata que o seu compañeiro Rudy Lins tivo un accidente. No mesmo ano terminou cuarto nas 12 Horas de Sebring cun Porsche 907. Ese mesmo ano participa no campionato de F2 pilotando un Lola, e en 1969 terminou sétimo no Gran Premio de Barcelona nun Lotus F2 de 'Roy Winckelman Team' dirixido por Bernie Ecclestone. Logrou éxitos en varias carreiras con Jochen Rindt primeiro nas 6 Horas de Jarama e segundo nos 1000 km de Bos Aires.

A súa primeira carreira na Fórmula 1 foi no Gran Premio de España de 1970 cun Lotus 49. Os organizadores da carreira limitaron a carreira a 16 participantes, polo que Soler-Roig non conseguiu a cualificación, malia rodar só unha décima de segundo máis lento que Mario Andretti. Con todo na mañá da carreira había unha esperanza de que os non cualificados podían comezar logo de todo, polo que os seus coches colocáronse na grella, pero os organizadores mantiveron á súa decisión orixinal e retiraron o coche de Soler-Roig da grella así como os de Jo Siffert e Andrea de Adamich.[2] Posteriormente participou no Gran Premio de Bélxica, pilotando o Lotus 72 que era para Jochen Rindt. pero, o coche non estaba preparado para a práctica do venres e só logrou completar tres voltas na cualificación do sábado, e polo tanto non se lle permitiu comezar a carreira. A súa última participación na Fórmula Un esa tempada foi outra non cualificación no Gran Premio de Francia nun 49. Gañou o Campionato GT-Sport español ese mesmo ano.

Comezou a tempada de 1971 pilotando un coche oficial do equipo March, combinando o Campionato de Fórmula 1 co Campionato de Turismos de España e Alemaña con Ford Capri. Gañou o campionato español e terminou cuarto en Alemaña, pero non puido terminar ningunha carreira na Fórmula 1.

Soler-Roig uniuse ao equipo Marlboro BRM F1 para a tempada 1972, pero logo dunhas carreiras con problemas co coche e co equipo, decidiu pasar o resto do ano ás carreiras do Campionato de Europa de Turismos con Ford, conseguindo grandes resultados e vitorias nas 24 Horas de Spa, as 24 Horas de Paul Ricard, as 4 horas de Zandvoort, as 4 horas do Jarama e as 3 Horas de Montjuich. A súa retirada do mundo da competición produciuse a finais de 1972, antes do seu 41º aniversario, para dedicarse ao seu negocio familiar.

Resultado completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Puntos
1970 Garvey Team Lotus Lotus 49C Cosworth V8 RSA ESP
NSC
NC 0
World Wide Racing FRA
NSC
GBR ALE AUT ITA CAN USA MEX
Lotus 72C MON BEL
NTS
NED
1971 STP March Racing Team March 711 Cosworth V8 RSA
Ret
ESP
Ret
MON
NSC
NED
Ret
FRA
Ret
GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0
1972 España Marlboro BRM BRM P160B BRM V12 ARx
Ret
RSA ESP
Ret
MON BEL FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0
  1. "Alex Soler-Roig". oldracingcars.com. Consultado o 13 xaneiro 2013. 
  2. Lang, Mike (1982). Grand Prix! Vol 2. Haynes Publishing Group. p. 117. ISBN 0-85429-321-3. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar