Adolfo Herrera y Chiesanova

numismático e historiador español


Adolfo Herrera y Chiesanova, nado en Cartaxena o 10 de marzo de 1847 e finado en Madrid o 10 de marzo de 1925, foi un historiador, numismático e arqueólogo español, membro da Real Academia da Historia.

Infotaula de personaAdolfo Herrera y Chiesanova

Adolfo Herrera y Chiesanova en 1902. [1]

Biografía
Nacemento10 de marzo de 1847
Cartaxena, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de marzo de 1925 (78 anos)
Madrid.
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Española.
RelixiónCatolicismo.
EducaciónUniversidade de Madrid.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática e arqueoloxía.
Ocupaciónhistoriador , numismático , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorReal Academia da Historia.
Academia Americana de Buenos Aires.
Membro de
Sociedade Arqueolóxica de Carmona.
Sociedade Española de Excursións.
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMagdalena Gil García.
Premios
Gran Cruz do Mérito Naval.
Cabaleiro da Orde de Carlos III.

Traxectoria editar

Adolfo Herrera naceu en Cartaxena o 10 de marzo de 1847, no seo dunha familia que, pola rama materna, posuía varias explotacións mineiras na contorna de Cartaxena. A súa carreira profesional posterior estivo relacionada coa xestión destas empresas e tamén traballou no arsenal de Cartaxena.[2]

O seu primeiro contacto coñecido coas antigüidades foi en 1868, cando organizou a recuperación de obxectos arqueolóxicos logo da demolición do castelo da Concepción en Cartaxena. En 1869 realizou diversas escavacións nesta cidade e en 1870 foi o interlocutor da comisión que xestionou o traslado de pezas desde Cartaxena ao Museo Arqueolóxico Nacional. Estas xestións levárono a tomar contacto e amizade con Juan de Dios de la Rada, daquela empregado do Museo e que máis tarde chegaría a ser director.[2]

En 1871 Adolfo Herrera fundou a revista bimensual Cartagena Ilustrada, que apenas se mantivo durante 30 números, ata 1873.[2] Tamén foi un dos fundadores, xunto con Enrique Serrano Fatigati, da Sociedade Española de Excursións, promotora do excursionismo científico, entidade de cuxo consello foi vogal.[3]

Instalado xa na capital do reino, entre 1872 e 1879 preparou a súa obra Medallas de Proclamaciones y Juras de los Reyes de España, publicada en 1882. Esta obra, cualificada por De la Rada como "a mellor e a primeira obra da súa clase en España",[3] deulle a Herrera o recoñecemento internacional e abriulle o acceso a diversas institucións académicas, como é o caso da Real Academia da Historia, na que ingresou como membro correspondente en 1883; en 1901 acadou o seu posto como académico titular, como sucesor de Víctor Balaguer e logo do falecemento deste, e a partir de 1912 exerceu como tesoureiro da institución.[2]

Cara a 1885 foi un dos socios fundadores da Sociedade Arqueolóxica de Carmona.[2]

A finais do século, a figura de Herrera como erudito estaba xa moi consolidada e mantiña relacións epistolares e de amizade con personalidades como o bibliógrafo José Toribio Medina, intelectuais e políticos como Víctor Balaguer e Antonio Cánovas, e artistas como Mariano Benlliure. A súa estreita relación con persoeiros da política do seu tempo levárono figurar nas listaxes de candidatos a gobernadores provinciais de 1891-1892. [2]

En 1895 emprendeu unha segunda iniciativa editorial, coa creación e a dirección da revista Historia y Arte,[4] que malia a súa efémera existencia (1895-1896) atreeu entre os seus colaboradores figuras senlleiras da intelectualidade e da creación literaria do seu tempo.[2]

Entre 1899 e 1910 Herrera dedicouse á confección e a autoedición da súa amplísima serie editorial titulada Medallas españolas, composta por 56 volumes agrupados tematicamente.[5] Herrera editou unha tiraxe moi limitada deste traballo; nas súas propias palabras: "só imprimo para regalar doce exemplares que levan láminas, dedicados a museos e bibliotecas, e outros tantos sen aquelas, para que os coleccionistas a quen están dedicados se entreteñan, se gustan, en ilustralos".[4]

Ao longo da súa traxectoria como erudito, Adolfo Herrera foi merecedor de diversos recoñecementos, como a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco (1902), o nomeamento como cabaleiro da Orde de Carlos III e receptor das medallas de Alfonso XII, da Guerra Civil e de Benemérito da Patria. Tamén foi nomeado membro correspondente da Xunta de Historia e Numismática da Academia Americana de Buenos Aires.[6]

Vida persoal editar

Herrera casou con Magdalena Gil García (1851-1933). A partir do seu matrimonio, a parella viviu a cabalo entre Madrid e a súa residencia de verán en Santa Pola, Alacant, —vila na que foi vicecónsul do Perú desde 1909—, con estadías ocasionais en Cartaxena.[2]

Adolfo Herrera y Chiesanova finou en Madrid o día 10 de marzo de 1925.[7] Uns días despois, a súa viúva doou á Real Academia da Historia a súa biblioteca e o seu arquivo persoal.[2][8]

Publicacións editar

Adolfo Herrera publicou un bo número de artigos sobre diversos temas, sinaladamente sobre numismática, en revistas especializadas como Historia y Arte; Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, e Boletín de la Real Academia de la Historia. A seguir, lístanse os seus traballos monográficos máis significativos:[2][9]

Numismática editar

Outros editar

  • (1896). Excursión a Elche: auto lírico-religioso en dos actos representado todos los años en la Iglesia Parroquial de Santa María de Elche los días 14 y 15 de agosto. Faustino Echevarría, Madrid.[11][12]

Notas editar

  1. D. Adolfo Herrera y Chiesanova". En La Ilustración Española y Americana. XLVI. 1. Páxina 17..
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Abascal Palazón, J. M. "Adolfo Herrera y Chiesanova". Real Academia de la Historia (RAH.es).
  3. 3,0 3,1 Castañeda, V. (1925). Páxina 2.
  4. 4,0 4,1 Castañeda, V. (1925). Páxina 3.
  5. Véxase "(1899-1910)" en "Publicacións".
  6. Castañeda, V. (1925). Páxina 6.
  7. "Necrología: El académico don Adolfo Herrera". En La Época. 11 de marzo de 1925. Páxina 2.
  8. Castañeda, V. (1925). Páxina 5.
  9. Castañeda, V. (1925). Páxinas 3-5.
  10. De la Rada y Delgado. J. D. (1882). “Sobre el libro titulado Medallas de proclamaciones y juras de los reyes de España”. En Boletín de la Real Academia de la Historia. 2. Páxinas 338-346.
  11. Castaño, J. (2015). "Excursión a Elche: Auto lírico-religioso en dos actos, representado todos los años en la parroquia de Santa María los días 14 y 15 de agosto". Patronat del Misteri d'Elx.
  12. Castaño García, J. (2014). "L'excursió a Elx d'Adolfo Herrera Chiesanova (1896)". En La Rella. Institut d'Estudis Comarcals del Baix Vinalopó. Nº 27. Páxinas 31-52.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar