Xosé-Henrique Costas
- Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente
Xosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego director de Normalización lingüística desde 2010.
Xosé-Henrique Costas | |
---|---|
Xosé-Henrique Costas González no ano 2013 | |
Nacemento | 11 de agosto de 1962 |
Lugar de nacemento | Sárdoma |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | lingüista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Costas doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995 e traballa desde ese mesmo ano como profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É especialista na fala do Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres.
É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito. Así mesmo, é un membro destacado da plataforma cívica ProLingua[1].
No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.[2][3] Foi vicerreitor de extensión universitaria da Universidade de Vigo entre 2010 e 2014.
Obra Editar
Ensaios Editar
- Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986)
- Galego Coloquial (1986)
- 1.000 nomes galegos (1991)
- Dicionario galego de sinónimos (1997)
- The Galician Language in Education in Spain (2001)
- Guía das linguas de Europa (Positivas, 2001)
- O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) (Xerais, 2013)
- Persente i feturo de la lhéngua mirandesa: Studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhenguísticas de la populaçon mirandesa (Universidade de Vigo, 2022; coordinador)[4]
Artigos Editar
- Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas (1998)
- Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o "galego" do Val do Río Ellas (Cáceres) (1999)
- Toponimia galega no Val do Río Ellas (1999)
- Tipoloxía das falas do Val do Río Ellas (2000)
- Aspectos sociolingüísticos das falas do Val do Río Ellas (2000).
Edicións Editar
- Seis sainetes valverdeiros, de Isabel López Lajas (Positivas).
Obras colectivas Editar
Premios Editar
- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1984, por Corazón de laranxa.
Notas Editar
- ↑ Entrevista na TVG[Ligazón morta] co filólogo Xosé Henrique Costas e o empresario Rafael Cuíña a propósito de ProLingua.
- ↑ "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2012.
- ↑ "Correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ "Persente i feturo de la lhéngua mirandesa: Studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhenguísticas de la populaçon mirandesa". Universidade de Vigo.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- O microsistema subsistema C do subsistema silabante thetaísta do galego, estudo en Googlebooks.
- "Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o «galego» do val do río Ellas (Cáceres)" Arquivado 09 de marzo de 2010 en Wayback Machine., artigo de Costas para o xornal Vieiros.
- Entrevista co lingüista co gallo do galego eonaviego, no xornal La Opinión
- Recensión do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por X.H. Costas, en El País.