Domingo Frades
escritor e tradutor estremeño
Domingo Frades Gaspar, por veces escrito Dumingu Frades Gaspar[1], nado en San Martiño de Trebello (provincia de Cáceres) o 18 de novembro de 1936[2] e finado en Badaxoz o 10 de xaneiro de 2023,[3] foi un escritor estremeño en mañego. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1936 San Martiño de Trebello, España |
Morte | 10 de xaneiro de 2023 (86 anos) Badaxoz, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, activista lingüístico, tradutor, funcionario |
Membro de | |
Traxectoria
editarEstudou no seminario de Salamanca e fixo estudos agrícolas en Zaragoza. Funcionario do ministerio de extensión agraria, traballou desde 1970 no servizo de extensión e capacitación agraria de Estremadura, desde onde defendeu a agricultura ecolóxica e a apicultura. Xubilouse en 2001.
Interesado no mantemento das falas galegófonas do Val de Xálima, en 1993 foi un dos fundadores da asociación Fala i Cultura.
Obra
editarEstudos e traballos lingüísticos
editar- Algu sobre a nosa fala (I) (1975).
- Algu sobre a nosa fala (II) (1975).
- Coñocer y actuar (1976). Cun vocabulario mañego-castelán de 600 voces e un apéndice ortográfico.
- Vamus a falal. Notas pa coñocel i platical na nosa fala (1994) Reeditada no 2000.
- O seu discurso de ingreso na RAG “Por que estó contentu de falar?”, publicado n’A herdanza da lingua: o galego de Asturias, León, Zamora e Cáceres (2004, pp 27-36).
Traducións e edicións
editar- Nubis i clarus (1975). edición dos poemas mañegos de Eugenio Gómez, cóengo de Cádiz.
- O pequenu príncipi (2014). Con Félix Severino López Fernández e máis con José María González Rodríguez traduciu U Pequenu Príncipi/O Pequenu Príncipe.
- Novu testamentu en Fala (2015). Tradución ao mañego do Novo testamento.
Obra literaria
editarPoesía
editar- Guixiarrus...Labeiras (1976).
- Ditus i feitus (1977).
- Versus de un verán (1977).
- La Sima (2001). Editora Regional de Extremadura. 90 páxs. ISBN 84-7671-647-8.
- Versus valeoris da nosa fala. Obra poética mañega (2022). Editora Regional de Extremadura. 355 páxs. Recompilación de poemas seus publicados entre 1971 e 2004)[5][6]
Outros
editar- Sierra de Gata: donde empieza Extremadura (1983).
- Apuntes de apicultura (1986)
- La apicultura extremeña. Apuntes para su historia (1987).
- Callejeiru mañegu, de 2004.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica de Dumingu Frades (El Periódico de Extremadura). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2023. Consultado o 12 de xaneiro de 2023.
- ↑ Costas, X. H. (24 de xaneiro de 2023). "Domingo Frades Gaspar, in memoriam". Real Academia Galega.
- ↑ "A RAG lamenta o pasamento do académico correspondente Domingo Frades Gaspar". Real Academia Galega. 10 de xaneiro de 2023.
- ↑ Membros correspondentes da RAG
- ↑ CatalunyaPress.cat. "Mor l'escriptor Domingo Frades Gaspar, destacat defensor de la 'fala' d'Extremadura". Catalunyapress (en catalán). Consultado o 2023-01-10.[Ligazón morta]
- ↑ Mariño Davila, Esperanza L. (abril, maio, xuño 2023). "Poesía en "galego" de Extremadura". Grial LXI (238): 85–86. ISSN 0017-4181.