Xogos Olímpicos de 2004

(Redirección desde «Xogos Olímpicos de Verán de 2004»)

Os XXV Xogos Olímpicos de Atenas celebráronse do 13 de agosto ao 29 de agosto de 2004. Durante 17 días xuntaron a delegados de 202 países e máis de 11.000 atletas.

Xogos Olímpicos de 2004
SedeAtenas, Grecia Grecia
LemaWelcome Home
(en grego: Καλώς ήρθατε σπίτι, Kalós írthate spíti)
Nacións201
Atletas10 625 (6 296 homes, 4 329 mulleres)
Eventos301 en 28 deportes (40 disciplinas)
Apertura13 de agosto de 2004
Clasura29 de agosto de 2004
Inaugurado porPresidente Konstantinos Stephanopoulos[1]
Lapa olímpicaNikolaos Kaklamanakis[1]
EstadioEstadio Olímpico de Atenas

As súas mascotas oficiais foron Atenea (Αθηνα) e Febo (Φοίβος), chamados así en hora da deusa Atenea e do seu irmán Apolo, antigos protectores da cidade.

O símbolo do evento foi a coroa de loureiro, dado o seu significado na Grecia antiga e nos seus primeiros Xogos Olímpicos.

Despois dun difícil período de controversias sobre e capacidade de Grecia de realizar os Xogos, causado polo atraso nas obras planeadas pola organización do evento, Atenas contou cunha popularidade nunca antes observada nos Xogos Olímpicos. Tivo un seguimento masivo a través dos medios de comunicación.

Proceso de candidatura editar

Tras perder os Xogos Olímpicos do Centenario ante a estadounidense Atlanta, Atenas viuse inmersa nun proceso para ser elixida como sede dos Xogos Olímpicos. En setembro de 1997, en Lausana, Suíza, un ano despois de Atlanta 1996, Atenas superou á cidade de Roma, Italia, por 66 votos contra 41, sendo elixida para celebrar os Xogos da XXVIII Olimpíada. Cidade do Cabo en Suráfrica, Estocolmo en Suecia e Buenos Aires na Arxentina, foron eliminadas en roldas previas.

106º Sesión do Comité Olímpico Internacional
5 de setembro de 1997, Lausana, Suíza
Cidade País Votación
  Atenas Grecia 32 - 38 52 66
  Roma Italia 23 - 28 35 41
  Cidade do Cabo Suráfrica 16 62 22 20 -
  Estocolmo Suecia 20 - 19 - -
  Buenos Aires Arxentina 16 44 - -

Apertura editar

 
Chama olímpica na cerimonia de apertura

A cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos realizouse o 13 de agosto de 2004, no Estadio Olímpico de Atenas, ante máis de cen mil espectadores. Logo dunha introdución sobre o carácter marítimo de Grecia, a cancha principal encheuse con auga simulando unha gran piscina. Desde este gran lago xurdiron en lapas os cinco aneis olímpicos dando inicio a unha enorme posta en escena de centos de actores en carros alegóricos relatando a historia de Grecia, contando desde a mitoloxía antiga ata os tempos actuais.

A parada de nacións xuntou 11.000 atletas representando a 201 comités olímpicos, baixo a música do neerlandés DJ Tiësto. A delegación de Afganistán, ausente nos Xogos Olímpicos desde a chegada do movemento talibán ao poder, foi calorosamente recibida do mesmo xeito que a delegación iraquí; pola contra, a delegación dos Estados Unidos foi recibida entre apupos como forma de rexeitamento á actuación dese país na Guerra de Iraq. As delegacións das dúas Coreas marcharon xuntas de xeito simbólico dado que as súas delegacións participan de xeito separado. Kiribati marchou por vez primeira, tras ser aceptada no Comité Olímpico, mentres que os representantes de Timor Oriental marcharon por vez primeira baixo a súa bandeira. A cantante islandesa Björk cantou ao final da cerimonia, antes do acendido da chama olímpica.

A cerimonia deuse por finalizada tralo aceso da chama olímpica, polo medallista de windsurf dos Xogos Olímpicos de 1996, Nikolaos Kaklamanakis.

Clausura editar

Os xogos finalizaron o 29 de agosto. A cerimonia de clausura foi realizada no Estadio Olímpico de Atenas onde se inauguraron 16 días antes. Estímase que uns 70.000 espectadores asistiron á cerimonia de clausura.

A cerimonia iniciouse coa participación de músicos gregos, entre eles Haris Alexiou, Elefthería Arvanitáki, Dimitra Galani, Giórgos Ntaláras e Sakis Rouvas; ao mesmo tempo miles de actores realizaban actuacións con bastante humor no terreo do estadio. Acto seguido, realizouse a entrega de premios do último evento dos xogos, o maratón masculino.

A continuación cada país participante viuse representado por un atleta que portaba a súa respectiva bandeira, seguidos do resto dos atletas con todas as delegacións mesturadas.

Logo dos discursos de clausura, escoitáronse os himnos de Grecia e da China. O alcalde de Atenas pasou a bandeira olímpica ao alcalde de Pequín. Logo dunha curta presentación de actores chineses declaráronse oficialmente clausurados os Xogos Olímpicos de Atenas 2004.

 
O percorrido do facho olímpico a través do mundo

Modalidades disputadas editar

 
Participantes
 
Proba de tiro con arco no histórico estadio Panathinaiko durante os Xogos de Atenas, 2004

Cadro de medallas editar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   EUA 36 39 27 102
2   China 32 17 14 63
3   Rusia 27 27 38 92
4   Australia 17 16 16 49
5   Xapón 16 9 12 37
6   Alemaña 13 16 20 49
7   Francia 11 9 13 33
8   Italia 10 11 11 32
9   Corea do Sur 9 12 9 30
10   Gran Bretaña 9 9 12 30

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar