Tour de Francia 2007
O Tour de Francia 2007 foi a 94ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3550 quilómetros comezou o 7 de xullo na capital británica, Londres, e rematou o 29 de xullo nos Campos Elisios de París.
Percorrido
editarO percorrido do Tour de France foi anunciado o 26 de outubro de 2006. O Tour saíu por primeira vez na súa historia do Reino Unido, e fíxoo para conmemorar o centenario da Entente cordiale, un acordo de paz e cooperación asinado polos dous países en 1907. A solicitude de Londres fíxose en 2004.
A ronda gala tamén tivo chegada e saída en Bélxica (Gante e Waregem, respectivamente), e percorreu algúns quilómetros do norte da provincia de Huesca, en España, na 16ª tirada.
O percorrido, de 3.550 quilómetros, 20 tiradas e mais o prólogo, e dúas xornadas de descanso intercaladas, tivo tres chegadas en alto, once tiradas chás e seis de montaña e tres contra o reloxo individuais.
Participantes
editar21 equipos tomaron a saída con 9 corredores por equipo, é dicir, houbo un total de 189 participantes.
Galegos no Tour
editarO último corredor en tomar a saída na tirada prólogo foi Óscar Pereiro, que luciu o número 11. O habitual é que o vencedor da última edición sexa o que leve o número 1, pero neste caso a organización do Tour, dirixido por Christian Prudhomme, entendeu que aínda non se resolvera correctamente a edición pasada, e aínda estaba en litixio se o vencedor era o descualificado Floyd Landis ou o galego.
Ademais, Pereiro tampouco foi o líder do seu equipo, o Caisse d'Epargne, co que tivo que facer labores de apoio ao seu líder, o español Alejandro Valverde. Finalmente rematou na décima posición, co que conseguiu estar entre os dez primeiros nas tres últimas edicións do Tour.
Non houbo máis galegos neste Tour.
Etapas
editarEtapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
Prólogo | 7 de xullo | Londres | 8 (CRI) | Fabian Cancellara | Fabian Cancellara |
1.ª | 8 de xullo | Londres- Canterbury | 203 | Robbie McEwen | Fabian Cancellara |
2.ª | 9 de xullo | Dunkerque- Gante | 167 | Gert Steegmans | Fabian Cancellara |
3.ª | 10 de xullo | Waregem-Compiègne | 236 | Fabian Cancellara | Fabian Cancellara |
4.ª | 11 de xullo | Villers Cotterets-Joigny | 190 | Thor Hushovd | Fabian Cancellara |
5.ª | 12 de xullo | Chablis-Autun | 184 | Filippo Pozzato | Fabian Cancellara |
6.ª | 13 de xullo | Semur en Auxois-Bourg en Bresse | 200 | Tom Boonen | Fabian Cancellara |
7.ª | 14 de xullo | Bourg en Bresse-Le Grand Bornand | 197 | Linus Gerdemann | Linus Gerdemann |
8.ª | 15 de xullo | Le Grand Bornand-Tignes | 165 | Michael Rasmussen | Michael Rasmussen |
9.ª | 17 de xullo | Val d'Isere-Briançon | 161 | Mauricio Soler | Michael Rasmussen |
10.ª | 18 de xullo | Tallard-Marsella | 229 | Cédric Vasseur | Michael Rasmussen |
11.ª | 19 de xullo | Marsella-Montpellier | 180 | Robert Hunter | Michael Rasmussen |
12.ª | 20 de xullo | Montpellier-Castres | 179 | Tom Boonen | Michael Rasmussen |
13.ª | 21 de xullo | Albi-Albi | 54 (CRI) | |
Michael Rasmussen |
14.ª | 22 de xullo | Mazamet-Plateau de Beille | 197 | Alberto Contador | Michael Rasmussen |
15.ª | 23 de xullo | Foix-Loudenvielle | 196 | |
Michael Rasmussen |
16.ª | 25 de xullo | Orthez-Gourette (Aubisque) | 218 | Michael Rasmussen | Michael Rasmussen |
17.ª | 26 de xullo | Pau-Castelsarrasin | 188 | Daniele Bennati | Alberto Contador |
18.ª | 27 de xullo | Cahors-Angoulême | 212 | Sandy Casar | Alberto Contador |
19.ª | 28 de xullo | Cognac-Angoulême | 55 (CRI) | Alberto Contador | |
20.ª | 29 de xullo | Marcoussis-París | 130 | Daniele Bennati | Alberto Contador |
- CRI - Contra o reloxo individual.
O día 24 de xullo, e como consecuencia dun positivo de dopaxe detectado a Alexander Vinocurov, o seu equipo, o Astaná, foi convidado a abandonar o Tour de Francia. A dirección do equipo aceptouno. O positivo produciuse por unha transfusión de sangue homóloga, realizada o día en que Vinocurov vencía na tirada contra o reloxo de Albi, se ben o ciclista nega os feitos. Ao día seguinte, un positivo por testosterona do ciclista italiano Cristian Moreni fai que o Cofidis abandone tamén o Tour.
En 2012 tamén foi sancionado Levi Leipheimer por ter participado no sistema de dopaxe relacionado con Lance Armstrong ata 2006, séndolle retirados tamén os resultados que colleitou neste Tour 2007.
Clasificación xeral
editarPosición | Corredor | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Alberto Contador | Discovery Channel | 91h 00' 26" | |
2 | Cadel Evans | Predictor-Lotto | + 23" |
Desc. | |
||
4 | Carlos Sastre | CSC | + 7' 08" |
5 | Haimar Zubeldia | Euskaltel-Euskadi | + 8' 17" |
6 | Alejandro Valverde | Caisse d'Epargne' | + 11' 37" |
7 | Kim Kirchen | T-Mobile | + 12' 18" |
8 | Yaroslav Popovych | Discovery Channel | + 12' 25" |
9 | Mikel Astarloza | Euskaltel-Euskadi | + 14' 14" |
10 | Óscar Pereiro | Caisse d'Epargne | + 14' 25" |
- Desc. - descalificado da carreira.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia 2007 |