Michael Rasmussen

ciclista danés
Michael Rasmussen

Información persoal
Nacemento Michael Rasmussen
1 de xuño de 1974 (49 anos)
Tølløse, Dinamarca
Outros nome(s) O Polo
Nacionalidade Dinamarca Dinamarca
Equipo
Último equipo Rabobank
Equipo(s) Pro
2002-2003
2003-
CSC Tiscali
Rabobank
Principais vitorias

Michael Rasmussen, nado en Tølløse, Dinamarca, o 1 de xuño de 1974, é un ciclista dinamarqués. Chámanlle O polo voador. Despois de ser campión de mundo de cross-country con bicicleta de montaña, fíxose ciclista de estrada, especialista nas probas de montaña.

Carreira profesional editar

Os inicios da súa carreira son en bicicleta de montaña e obtén o campionato do mundo en 1999. En 2002 pásase ao ciclismo en estrada e á profesionalidade, ao fichar polo CSC-Tiscali. En 2003 troca as cores ao fichar polo Rabobank.

Os seus maiores éxitos profesionais obtívoos no Tour de Francia e nas edicións de 2005, 2006 e 2007 gañou cadansúa tirada e levou posto o maillot amarelo cando menos unha xornada. Ademais, obtivo o mailló de puntos vermellos que o acreditou como campión da montaña nas edicións de 2005 e 2006.

O seu grande ano puido ser o 2007. Venceu na segunda tirada alpina do Tour, apañou o maillot amarelo e mantívoo durante nove tiradas, gañando incluso a tirada raíña dos Pireneos con chegada no porto de Aubisca, e ampliando a súa vantaxe. Porén, cando tiña todo para vencer a rolda gala, foi apartado da proba polo seu propio equipo, o Rabobank. As razóns dadas pola dirección do conxunto foron que Michael Rasmussen non se presentara a dous controis antidopaxe previos ao Tour escusándose en que estivera en México. Cando se comprobou que iso era falso, foi expulsado. A ausencia dos controis xa provocara que a Federación Dinamarquesa de Ciclismo o excluíse dos mundiais de 2008 e dos Xogos de Beixín.

Téñeno comparado, pola súa forma de rodar na montaña, co máis famoso dos ciclistas dinamarqueses, Bjarne Riis. Ten sona de maniático co peso. Malia medir 1,75 m só pesa 59 kg, non transporta botella con auga, ten modificado o deseño da súa bicicleta para reducir o peso, e leva zapatos máis pequenos do que lle cómpren para aforrar tamén carga. Vive en Castelnuovo del Garda (Italia), nas ribeiras do lago de Garda.

Predecesor:
Christophe Dupouey
   Campión do mundo de ciclismo
campo a través
 
1999 en Åre
Sucesor:
Miguel Martinez


Predecesor:
Richard Virenque
 
 
Campión da montaña no Tour de Francia
 
2005 e 2006
Sucesor:
Mauricio Soler

Principais vitorias editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar