Tour de Francia 2005

O Tour de Francia 2005 foi a 92ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 2 de xullo na localidade de Fromentine (departamento de Vendée) e rematou o 23 de xullo en París.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2005
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI ProTour de 2005 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.607 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaFromentine Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes189, inicio
155, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, España e Alemaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo2 de xullo de 2005 – 24 de xullo de 2005 Editar o valor en Wikidata
Número de edición92 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postonon outorgadodeclarado deserto
Ivan Basso
non outorgadodeclarado deserto
Michael Rasmussen
Thor Hushovd
Yaroslav Popovych
T-Mobile
Óscar Pereiro Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor en Wikidata

2004 Editar o valor en Wikidata
2006 Editar o valor en Wikidata

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 155. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba, cunha salientable actuación, xa que ámbolos dous foron quen de gañar unha etapa.[1][2]

A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo Discovery Channel, quen xa gañara as 6 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso, ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden, e ó casaco Alexander Vinocurov.

Lance Armstrong colleu o maillot amarelo na cuarta etapa, unha contra o reloxo por equipos de 67'5 quilómetros, e xa non o deixou até a meta de París salvo por un día que o colleu o alemán Jens Voigt. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Ivan Basso e Jan Ullrich.

No ano 2012, como consecuencia das investigacións realizadas na Operación Puerto, a Jan Ullrich fóronlle retirados tódolos resultados deportivos obtidos a partir de maio do ano 2005, acusado de realizar prácticas prohibidas para mellorar a súa condición física, como transfusións de sangue.[3] Tamén no ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[4] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo David Zabriskie, George Hincapie e Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2005 do Tour de Francia quedou sen gañador, e o 3º posto pasou a estar ocupado polo español Francisco Mancebo, que rematara 4º na clasificación xeral.

Etapas

editar
 
Lance Armstrong levou o maillot amarelo en 16 das 21 etapas.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
2 de xullo Fromentine-Noirmoutier-en-l'Île 19 (CRI)   David Zabriskie   David Zabriskie
3 de xullo Challans-Les Essarts 182   Tom Boonen   David Zabriskie
4 de xullo La Châtaigneraie-Tours 208   Tom Boonen   David Zabriskie
5 de xullo Tours-Blois 67,5 (CRE)   Discovery Channel   Lance Armstrong
6 de xullo Chambord-Montargis 179   Robbie McEwen   Lance Armstrong
7 de xullo Troyes-Nancy 187   Lorenzo Bernucci   Lance Armstrong
8 de xullo Lunéville-  Karlsruhe 225   Robbie McEwen   Lance Armstrong
9 de xullo   Pforzheim-Gérardmer 235   Pieter Weening   Lance Armstrong
10 de xullo Gérardmer-Mulhouse 170   Michael Rasmussen   Jens Voigt
10ª 12 de xullo Grenoble-Courchevel 192   Alejandro Valverde   Lance Armstrong
11ª 13 de xullo Courchevel-Briançon 173   Alexander Vinokourov   Lance Armstrong
12ª 14 de xullo Briançon-Digne-les-Bains 187   David Moncoutié   Lance Armstrong
13ª 15 de xullo Miramas-Montpellier 162   Robbie McEwen   Lance Armstrong
14ª 16 de xullo Agde-Ax-3 Domaines 220   Georg Totschnig   Lance Armstrong
15ª 17 de xullo Lézat-sur-Lèze-Saint-Lary-Soulan 205   George Hincapie   Lance Armstrong
16ª 19 de xullo Mourenx-Pau 177   Óscar Pereiro   Lance Armstrong
17ª 20 de xullo Pau-Revel 239   Paolo Savoldelli   Lance Armstrong
18ª 21 de xullo Albi-Mende 189   Marcos Serrano   Lance Armstrong
19ª 22 de xullo Issoire-Le Puy-en-Velay 154   Giuseppe Guerini   Lance Armstrong
20ª 23 de xullo Saint-Étienne-Saint-Étienne 55 (CRI)   Lance Armstrong   Lance Armstrong
21ª 24 de xullo Corbeil-Essonnes-París 160   Alexander Vinokourov   Lance Armstrong
  • CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación xeral

editar

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2005 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong, Jan Ullrich e Levi Leipheimer.

 
Óscar Pereiro, gañador da 16ª etapa en Pau, rematou 9º na xeral
Posición Ciclista Equipo Tempo
  Vacante - -
Desc.   Lance Armstrong Discobery Channel 86h 15' 02"
2   Ivan Basso Team CSC + 4' 40"
Desc.   Jan Ullrich T-Mobile + 6' 21"
3   Francisco Mancebo Illes Balears + 9' 59"
4   Alexander Vinocurov T-Mobile + 11' 01"
Desc.   Levi Leipheimer Gerolsteiner + 11' 21"
6   Michael Rasmussen Rabobank + 11' 33"
7   Cadel Evans Davitamon-Lotto + 11' 55"
8   Floyd Landis Phonak + 12' 44"
9   Óscar Pereiro Phonak + 16' 04"
10   Christophe Moureau Crédit Agricole + 16' 26"
39   Marcos Serrano Liberty Seguros + 1h 21' 31"
  • Desc. - Descalificados da carreira sancionados por dopaxe.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar