Tignes
Tignes (en francoprovenzal tamén Tignes) é unha pequena vila e estación de montaña no departamento de Savoia, na rexión de Ródano-Alpes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Departamento | Savoia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.005 (2021) (24,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 81,63 km² | ||||
Bañado por | Río Isère | ||||
Altitude | 2.100 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 73320 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | mairie-tignes.fr | ||||
Xeografía
editarO concello de Tignes é un dos máis elevados de Europa, cunha altitude que chega aos 2.127 m. Tiña 2.220 habitantes residentes en 1999, sobre unha extensión de 81,63 km², pero unha poboación aboiante moito maior atraída polo turismo de montaña tanto en inverno como en verán. A estación de esquí está aberta todo o ano.
Tignes atópase no alto do val da Tarentaise e forma parte do macizo de Iseran, nacemento do río Isère que é un dos máis importantes afluentes do Ródano. En realidade o concello fórmano sete lugares distintos, dos cales un, o orixinario, foi asolagado polas augas do encoro. Ademais do Vello Tignes, os lugares deste concello son Val Claret, Lac, Lavachet, Boisses, Brévières e Reculaz, en altitudes que van dos 2.127 m de Val Claret aos 1.550 de Les Brévières.
Historia
editarAntes da segunda guerra mundial o carácter montañoso de Tignes facíao practicamente descoñecido. As comunicacións eran moi difíciles, e os poucos habitantes vivían en condicións de illamento durante boa parte do ano, apoiados na gandaría de montaña. Dende 1933 a administración francesa cavilaba en facer un encoro no val da Tarantaise, pero os habitantes de Tignes non souberon do proxecto ata 1941, en plena guerra, oito anos máis tarde. A construción comezou da presa comezou en 1946 e a vila foi finalmente asolagada en 1952, logo de que se movese o camposanto, se dinamitasen as últimas casas e as forzas de orde expulsasen os veciños resistentes.
A partir de 1956 comezou a construción da estación de inverno, que se desenvolveu e estendeu continuamente durante a seguinte década. As pistas da estación de esquí acolleron algunhas probas dos Xogos Olímpicos de Albertville, particularmente as de esquí acrobático.
Economía
editarA economía de Tignes vira na súa práctica totalidade ao redor da estación de inverno. Esta ten 36 remontes, 64 pistas de esquí alpino (150 km) e 4 máis de esquí de fondo (20 km), comprendidas entre os 1.550 m e os 3.456 m que conseguen na súa altitude máxima.