Val d'Isère

Val d'Isère (en francés) ou Lavâl en (francoprovenzal, non oficial), é un concello alpino francés, pertencente ao departamento de Savoia e á rexión de Ródano-Alpes.

Vista de Lavâl

XeografíaEditar

O concello de Lavâl está situado a unha grande altitude, entre os 1.785 m e os 3.599 m sobre o nivel do mar, o que o converte nun dos máis elevados de todo o continente. Escasamente poboado (1.753 [1] habitantes en 2006), e cunha extensión de 94,39 km², vive fundamentalmente do turismo de inverno. O núcleo principal de poboación sitúase no punto de cruzamento de tres vales, e ao pé do macizo da Sassière.

A estación de esquí de Val d'Isère conta con 47 remontes, 79 pistas de esquí alpino (150 km) e 8 pistas de esquí de fondo (20 km)

Historia, cultura, monumentosEditar

Ben pouco se coñece de Val d'Isère, pois ata o século XX era unicamente un conxunto de campos onde pacía gando de montaña, e onde vivía moi pouca xente, illada do resto durante boa parte do ano. Con todo, conserva unha pequena igrexa barroca do século XVIII. Nos anos trinta do século XX comeza a construción da estación de esquí, fundamentalmente grazas ao traballo dos labregos locais e dos burros, que facían o transporte de material a unha zona incomunicada. En 1932 inaugúrase a primeira telecabina, ao tempo que comezan a desenvolverse os recursos hostaleiros. En 1933 ábrese o primeiro remonte, o Rogoney. O 10 de febreiro de 1970 prodúcese unha avalancha na Sassière, a 3.206 m de altura, que sepulta 39 mozos.

Val d'Isère é un punto habitual de saída e chegada do Tour de Francia. Acolleu ademais diversas probas nos Xogos Olímpicos de Albertville 1992 e nela celebraranse os campionatos mundiais de esquí de 2009.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar