O esquí de fondo, esquí nórdico ou esquí a campo travesa (en inglés cross-country skiing) comezou a ser empregado como medio para o desprazamento nos países nórdicos posto que a neve asolaga o territorio durante boa parte do ano.

Tres esquiadores de fondo en Sjusjøen, nas proximidades de Lillehammer, Noruega.

Anteriormente, só se coñecía o uso das raquetas de neve. É cos esquís que se incrementa a superficie de apoio, podendo así facer fronte aos maiores obstáculos á hora de camiñar sobre a neve, evitando afundirse nela, e propiciando o avance. Mantendo o principio de incrementar a superficie de apoio, os esquís conseguen ademais tirar proveito das características de deslizamento en superficies xeadas, dotándose para iso dunha sola absolutamente lisa e impermeable, que se ben precisa dunha man de cera conforme á temperatura e tipo de neve do día en cuestión. A súa forma alongada facilita a bipedestación e o uso de bastóns permite impulsar o avance mediante un elemento non deslizante.

Competicións

editar
 
Botas fixadas aos esquís.

Nas competicións, os fondistas deben realizar carreiras contra o reloxo de longas distancias que poden chegar a ser até de 150 km. As competicións poden ser estilo clásico ou libre. No clásico pásanse os esquís por dous carrís habilitados para o efecto; no libre vaise por camiños abertos, a ruta non está definida.