Fabian Cancellara

ciclista suízo

Fabian Cancellara, nado o 18 de marzo de 1981 en Berna, é un ciclista suízo de orixe italiana. Fíxose profesional con 19 anos de idade, salientando axiña como corredor de contra o reloxo. Co paso dos anos foise convertendo no máximo especialista mundial na loita contra o cronómetro.

Fabian Cancellara
Nacemento18 de marzo de 1981
Lugar de nacementoWohlen bei Bern
NacionalidadeSuíza
Ocupaciónciclista
PremiosSwiss Sports Personality of the Year, sen etiquetar, sen etiquetar, Mendrisio d'or, Mendrisio d'or, Vélo d'Or, sen etiquetar, sen etiquetar e sen etiquetar
Na rede
http://www.fabiancancellara.ch/
Twitter: f_cancellara Olympic.org: fabian-cancellara Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cancellara líder do Tour.
Cancellara campión do mundo.

Palmarés editar

O extenso palmarés de éxitos na carreira de Fabian Cancellara comezou pouco tempo despois de facerse profesional, aínda con 19 anos, acadando a medalla de prata na proba contra o reloxo dos mundiais de ciclismo sub-23 do ano 2000 celebrados na localidade francesa de Plouay. Os éxitos máis salientables da súa carreira son os seguintes:

  •   Campionato do mundo de ciclismo contra o reloxo x4 (2006, 2007, 2009 e 2010).
  •   Campionato de Suíza de ciclismo contra o reloxo x9 (2002, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2012, 2013, 2014).
  •   Campionato de Suíza de ciclismo en ruta x2 (2009 e 2011).
  •   Ouro olímpico de ciclismo contra o reloxo (2008)
  •   Prata olímpica de ciclismo en ruta (en 2008)
  • París-Roubaix x3 (2006, 2010 e 2013)
  • Milán-San Remo (2008)
  • Tirreno-Adriático (2008)
  • Tour de Flandres x3 (2010, 2013 e 2014)
  • Volta a Suíza (2009)
  • E3 Harelbeke x3 (2010, 2011 e 2013)

Nas Grandes Voltas editar

Carreira 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
Giro de Italia - - - - - - Ab. - Ab. - - -
Tour de Francia - - - 109º 128º - 100º 65º 91º 121º 119º Ab.
Vuelta a España - - - - - Ab. - - Ab. Ab. Ab. -
  • Ab. = Abandono da carreira.
    = Non participou.

Premios editar

Fabian Cancellara foi honrado en 2010 co premio Vélo d'or, que recoñece ó mellor ciclista do mundo. Nos anos 2007 e 2008 quedou na segunda posición, e en 2006 e 2009 na terceira.

Equipos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar