Tour de Francia 2004

2003 << Tour de Francia 2004 >> 2005
Tour de France 2004.png
Clasificacións Prólogo + 20 etapas, 3.397 km
Jersey yellow.svg - Xeral Vacante
Jersey polkadot.svg - Montaña Francia Richard Virenque
Jersey green.svg - Puntos Australia Robbie McEwen

O Tour de Francia 2004 foi a 91ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 3 de xullo na cidade belga de Liexa e rematou o 25 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 147. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba.

A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo US Postal, quen xa gañara as 5 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso e ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden.

Thomas Voeckler vestiu o maillot amarelo durante 10 etapas, ata a chegada dos Alpes, nos que Lance Armstrong colleu o liderato da carreira definitivamente. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Andreas Kloden e Ivan Basso.

No ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[1] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo, entre eles o 9º clasificado, Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2004 do Tour de Francia quedou sen gañador.

EtapasEditar

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 3 de xullo Liexa-Liexa 6,1 (CRI)   Fabian Cancellara   Fabian Cancellara
1.ª 4 de xullo Liexa-Charleroi 202   Jaan Kirsipuu   Fabian Cancellara
2.ª 5 de xullo Charleroi-Namur 197   Robbie McEwen   Thor Hushovd
3.ª 6 de xullo Waterloo-Wasquehal 210   Jean-Patrick Nazon   Robbie McEwen
4.ª 7 de xullo Cambrai-Arras 64 (CRE)   US Postal  Lance Armstrong
5.ª 8 de xullo Amiens-Chartres 200   Stuart O'Grady   Thomas Voeckler
6.ª 9 de xullo Bonneval-Angers 196   Tom Boonen   Thomas Voeckler
7.ª 10 de xullo Châteaubriant-Saint-Brieuc 204   Filippo Pozzato   Thomas Voeckler
8.ª 11 de xullo Lamballe-Quimper 168   Thor Hushovd   Thomas Voeckler
9.ª 13 de xullo St-Léonard-Guéret 160   Robbie McEwen   Thomas Voeckler
10.ª 14 de xullo Limoges-Saint-Flour 237   Richard Virenque   Thomas Voeckler
11.ª 15 de xullo Saint-Flour-Figeac 164   David Moncoutié   Thomas Voeckler
12.ª 16 de xullo Castelsarrasin-La Mongie   197   Ivan Basso   Thomas Voeckler
13.ª 17 de xullo Lannemezan-Plateau de Beille   205  Lance Armstrong Sen gañador   Thomas Voeckler
14.ª 18 de xullo Carcasona-Nîmes 192   Aitor Gonzalez   Thomas Voeckler
15.ª 20 de xullo Valréas-Villard-de-Lans   180  Lance Armstrong Sen gañador  Lance Armstrong
16.ª 21 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Alpe d'Huez   15 (CRI)  Lance Armstrong Sen gañador  Lance Armstrong
17.ª 22 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Le Grand Bornand    204  Lance Armstrong Sen gañador  Lance Armstrong
18.ª 23 de xullo Annemasse-Lons-le-Saunier 166   Juan Miguel Mercado  Lance Armstrong
19.ª 24 de xullo Besançon-Besançon 55 (CRI)  Lance Armstrong Sen gañador  Lance Armstrong
20.ª 25 de xullo Montereau-París 163   Tom Boonen  Lance Armstrong
  • CRI - Contra o reloxo individual; CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación xeralEditar

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2004 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong e Levi Leipheimer en 2012.

 
Lance Armstrong e Ivan Basso subindo ao Tourmalet na 12ª etapa.
Posición Ciclista Equipo Tempo
  Vacante - -
Desc.   Lance Armstrong US Postal 83h 36' 02"
2   Andreas Kloden T-Mobile + 6' 19"
3   Ivan Basso Team CSC + 6' 40"
4   Jan Ullrich T-Mobile + 8' 50"
5   José Azevedo US Postal + 14' 30"
6   Francisco Mancebo Illes Balears + 18' 01"
7   Georg Totschnig Gerolsteiner + 18' 27"
8   Carlos Sastre Team CSC + 19' 51"
Desc.   Levi Leipheimer Rabobank + 20' 12"
10   Óscar Pereiro Phonak + 22' 54"
54   Marcos Serrano Liberty Seguros + 1h 42' 53"
  • Desc. - Descalificados.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar