Loudenvielle é un pequeno concello occitano, situado no departamento de Altos Pireneos, que pertence á rexión de Mediodía-Pireneos.

Xeografía Editar

Loudenvielle é unha pequena aldea de 261 habitantes conforme o censo de 1999, situada na base dos Pireneos. A altitude do núcleo é de 960 m, pero nalgúns puntos o concello acada os 3.130 m. A extensión é de 42,65 km².

Loudenvielle está localizada no val de Louron, que lle dá nome á estación de esquí, e dentro do País de Aura e a 60 km de Banhèras. A estación de esquí de Val-Louron, localizada no concello, ten 18 pistas de esquí de fondo (15 km) e 11 remontes. Tamén próximo ao lugar de Loudenvielle está o lago de Génos, tamén chamado lago de Génos-Loudenvielle.

Historia Editar

Esta aldea e mais a estación de esquí foron meta de varias tiradas do Tour de Francia:

Ano Tirada Distancia Con comezo en Vencedor Líder
2007 15 196 km Fois Alexander Vinocurov Michael Rasmussen
2003 14 192 km Sent Gironç Gilberto Simoni Lance Armstrong
1997 9 182 km Pau Laurent Brochard Cédric Vasseur

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar