Foix
Foix (Foix en francés e Foish en occitan) é unha cidade de Francia, capital do departamento de Ariège, que pertence á rexión de Mediodía-Pireneos.


Xeografía editar
Está situada ao sur de Tolosa, preto da fronteira entre Francia e Andorra, pero nun val, fóra das abas dos Pireneos, no cruzamento dos ríos Ariège e Arget. Con 9.109 habitantes conforme o censo de 1999, é a segunda prefectura máis pequena de Francia. Ten unha extensión de 19,32 km².
Historia editar
Xa en tempo do imperio romano se construíu aquí un forte elevado sobre o petouto rochoso onde hoxe de atopa o castelo. A fundación en 849 da abadía de Saint-Volusien permitiu o desenvolvemento da vida urbana entre os séculos X e XII, cando se constrúen os edificios actuais da abadía e do castelo, e que terá o seu apoxeo no XIV. En 1790 foi designada capital do departamento de Ariège.
Galería de imaxes editar
-
Castelo de Foix
-
Castelo de Foix
-
Castelo de Foix
-
Vista xeral