Shen Kuo

polímata chinés da dinastía Song

Shen Kuo (chinés tradicional e simplificado: 沈括; pinyin: Shěn Kuò; Wade-Giles: Shěn3 K'uo4), nado en 1031 e finado en 1095, foi un polímata[1] chinés da dinastía Song (960-1279). Destacou como xeólogo, astrónomo, agrónomo, embaixador, xeneral militar, matemático, cartógrafo, enxeñeiro hidráulico, meteorólogo, botánico, zoólogo, farmacólogo, escritor e burócrata do goberno imperial.

Modelo:BiografíaShen Kuo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 沈括 Editar o valor en Wikidata
1031 Editar o valor en Wikidata
Hangzhou (Northern Song dynasty) Editar o valor en Wikidata
Morte1095 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Zhenjiang (Northern Song dynasty) Editar o valor en Wikidata
Hanlin Academy bianxiu (en) Traducir
1076 – 1093 (morte)
Embaixador
1075 – 1076 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHangzhou Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, astronomía, meteoroloxía, xeoloxía, zooloxía, botánica, farmacoloxía, Agronomía, Etnografía e Cartografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, economista, farmacéutico, meteorólogo, escritor, astrólogo, botánico, erudito, entomólogo, zoólogo, xeofísico, inventor, político, astrónomo, matemático, cartógrafo, filósofo, poeta, diplomático, enxeñeiro civil, xeólogo, antropólogo, climatólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiShen Zhou Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Traxectoria e feitos destacados

editar

Shen Kuo viviu en Qiantang, o actual Hangzhou. En 1063, á idade de 35 anos, Shen Kuo pasou con éxito o exame imperial para o servizo do goberno. Foi como embaixador ao Imperio Tangut, e estivo nas campañas militares levadas a cabo contra eles. Foi o administrador principal da Oficina de astronomía e chanceler da Academia de Han-lin. Tamén foi aliado político e confidente do chanceler Wang Anshi e do emperador Shenzong (神宗 Shénzōng; 1067-1085). Shen Kuo foi primeiro en describir o compás magnético no seu libro Meng xi bitan 夢溪筆談 (1088), onde tamén se detalla o procedemento da imprenta de tipos móbiles inventado por Bi Sheng (972-1051). Isto ocorría un século antes de que Alexander Neckham o describira en Europa. Elaborou unha teoría xeolóxica da xeomorfoloxía observando os depósitos de barro, os fósiles mariños que se encontraban nas montañas, e os fósiles subterráneos de bambú encontrados nunha rexión na que non se desenvolve o bambú. Mellorou as invencións da esfera armilar, do gnomon, e do reloxo de auga (clepsidra). Descubriu o concepto astronómico do norte verdadeiro, e alegou que o Sol e a Lúa eran corpos esféricos, non planos, utilizando a observación da eclipse solar e a eclipse lunar. Fixo dous atlas, e creou unha carta xeográfica tridimensional. Foi tamén o primeiro na China en describir o dique seco para a reparación de barcos. Reformou o calendario chinés sobre a base dunhas observacións astronómicas precisas que realizou durante meses.

Shen Kuo viviu ao final da súa vida varios anos no illamento, na súa casa, que tiña un xardín que lle servía de lecer, cerca de Zhenjiang, provincia de Jiangsu. A súa tumba está na zona de Yuhang de Hangzhou e, en setembro de 2001, por iniciativa do goberno chinés, se reconstruíu enteiramente.

  1. Do grego clásico πολυμαθής, polymathēs), é un home "que coñece, comprende ou sabe moito", un individuo que destaca en diversas ramas do saber. O termo refírese a persoas cuxos coñecementos non están restrinxidos a unha área concreta, senón que dominan diferentes disciplinas, xeralmente as artes e as ciencias.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bielenstein, Hans. (1986): "Wang Mang, the Restoration of the Han Dynasty, and Later Han," in The Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220, 223-290. Ed. por Denis Twitchett e Michael Loewe. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-24327-0.
  • Bodde, Derk. (1991): Chinese Thought, Society, and Science: The Intellectual and Social Background of Science and Technology in Pre-modern China. Honolulu: University of Hawaii Press. ISBN 978-0-8248-1334-5
  • Bowman, John S. (2000): Columbia Chronologies of Asian History and Culture. Nova York: Columbia University Press.
  • Cherniack, Susan (1994): "Book Culture and Textual Transmission in Sung China" in Harvard Journal of Asiatic Studies 54 (1): 125
  • Chung, Anita. (2004): Drawing Boundaries: Architectural Images in Qing China. Manoa: University of Hawai'i Press. ISBN 0-8248-2663-9
  • Crespigny, Rafe de (2007): A Biographical Dictionary of Later Han to the Three Kingdoms (23-220 AD). Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 90-04-15605-4
  • Deng, Yinke (2005): Ancient Chinese Inventions. Trad. de Wang Pingxing. Beijing: China Intercontinental Press. ISBN 7-5085-0837-8.
  • Desmond, Adrian (1975): "The Discovery of Marine Transgressions and the Explanation of Fossils in Antiquity" in American Journal of Science, 1975, Volume 275: 692-707
  • Ebrey, Patricia Buckley (1999): The Cambridge Illustrated History of China. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-43519-6 (hardback); ISBN 0-521-66991-X (paperback).
  • Fairbank, John King & Merle Goldman (1992): China: A New History (Second Enlarged Edition: 2006). Cambridge MA / Londres: The Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 0-674-01828-1
  • Fraser, Julius Thomas & Francis C. Haber (1986): Time, Science, and Society in China and the West. Amherst: University of Massachusetts Press. ISBN 0-87023-495-1
  • Gernet, Jacques (1996): A History of Chinese Civilization. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-49781-7.
  • Huff, Toby E. (2003): The Rise of Early Modern Science: Islam, China, and the West. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-52994-8.
  • Hymes, Robert P. & Conrad Schirokauer (1993): Ordering the World: Approaches to State and Society in Sung Dynasty China. Berkeley: University of California Press.
  • Katz, Victor J. (2007): The Mathematics of Egypt, Mesopotamia, China, India, and Islam: A Sourcebook. Princeton: Princeton University Press. ISBN 0-691-11485-4
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 1, Introductory Orientations. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 3, Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 3: Civil Engineering and Nautics. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Needham, Joseph (1986): Science and Civilization in China: Volume 5, Chemistry and Chemical Technology, Part 1: Paper and Printing. Taipei: Caves Books, Ltd.
  • Temple, Robert (1986): The Genius of China: 3,000 Years of Science, Discovery, and Invention. Cun prólogo de Joseph Needham. Nova York: Simon and Schuster, Inc. ISBN 0-671-62028-2

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar