Abrir o menú principal

Présaras, Vilasantar

parroquia do concello de Vilasantar

XeografíaEditar

SituaciónEditar

Présaras está situado no sur do concello de Vilasantar. Limita ao norte coas parroquias de Vilasantar e Armental, ao oeste coa de Vilariño, ao leste con Mezonzo e Arceo (Boimorto), e ao sur con Andavao (Boimorto) e Folgoso (Sobrado). Ten unha superficie de 5,2 km² e o núcleo de poboación principal é o Foro.

OrografíaEditar

A parroquia de Présaras ocupa as zonas máis baixas do concello, estando a maior parte da parroquia darredor dos 450 metros de altitude. O punto máis alto atópase na Fraga, con 490 metros sobre o nivel do mar.

HidrografíaEditar

O territorio de Présaras está delimitado case por completo polos ríos Cabalar e Tambre. Tamén o río Ceños, afluente do Tambre, discorre pola parroquia.

ClimaEditar

O clima é temperado con temperaturas frías no inverno e suaves no verán. Son abondosas as precipitacións dende o outono á primavera, e no inverno son moi frecuentes as xeadas e ocasionais as nevaradas.

DemografíaEditar

Século XVIIIEditar

1752[4] 1768[5] 1787[6]
Veciños Habitantes
30 153 147

Século XIXEditar

1826[7] 1836[8] 1845[3] 1857[9] 1860[10] 1887[11] 1900[12]
Veciños 63 26 32 40 48
Habitantes 314 144 205 220 241 281 336

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XXEditar

1910[12] 1920[12] 1930[12] 1940[12] 1950[12] 1960[12] 1970[12] 1981[12] 1986[13] 1991[12] 1999[14] 2000[15]
Habitantes 355 423 555 768 751 751 506 471 390 320 311 315

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Dende a segunda metade do século XX sofreu un gran descenso de poboación, debido ao peche de industrias, á emigración ás cidades e ao avellentamento da poboación.

Século XXIEditar

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
312 311 296 292 301 290 283 283 280 274
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
264 268 265 257 250 241 236 239
Fonte: IGE (padrón municipal)[16]
 
Gráfica de evolución demográfica de Présaras entre 1887 e 2018
 
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Cunha poboación de 239 habitantes (118 homes e 121 mulleres), é a segunda parroquia máis poboada do concello, só por detrás de Barbeito.[1]

HistoriaEditar

 
Pazo de Présaras

PrehistoriaEditar

Da época megalítica consérvase a mámoa da Ponte do Sapo.

Idade MediaEditar

Na Idade Media foi de gran relevancia o condado de Présaras, que abranguía ademais, terras dos hoxe concellos veciños de Curtis e Sobrado. No ano 920, Hermenexildo Aloitez, foi nomeado conde Présaras polo rei Ramiro II de León. No ano 958, Hermenexildo e a súa muller, Paterna, fundaron o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Un dos fillos deste matrimonio foi Sisnando II, bispo de Iria Flavia, que liderou a loita contra os viquingos na batalla de Fornelos.

Idade ModernaEditar

Nesta parroquia naceu, en 1565, Miguel Ares Canaval, bispo de Ourense.

No século XVIII, Valentín Sánchez de Boado, un indiano regresado de Perú, construíu a igrexa e o pazo e contratou a Xosé Gambino para realizar o conxunto escultórico da igrexa.

Idade ContemporáneaEditar

Durante a primeira metade do século XX tivo grande importancia a industria téxtil pola presenza no pobo da fábrica de tecidos La Arzuana, que funcionou de 1882 a 1962[17] e na que traballaron varios centos de persoas, a maioría delas, mulleres.[18][19]

CulturaEditar

ToponimiaEditar

O topónimo Présaras ten a súa orixe nas presuras (pressura, pressurae), un procedemento polo cal se ofrecían terras a colonos para que fosen poboadas e traballadas.[20]

PatrimonioEditar

 
Igrexa de san Pedro de Présaras.
Patrimonio arqueolóxico
Patrimonio arquitectónico

EtnografíaEditar

Festas e celebraciónsEditar

As festas patronais en honor a San Pedro, celébranse na fin de semana do 29 de xuño na Carballeira. O 29 de setembro celébranse as festas de San Miguel.

Na cultura popularEditar

É o escenario do documental Tecido resistente.[21]

Galería de imaxesEditar

Ara de Reburrio ás ninfas, conservada no castelo de Santo Antón

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar