Armental, Vilasantar

parroquia civil do concello de Vilasantar

San Martiño de Armental[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilasantar. Segundo o IGE en 2018 tiña 96 habitantes (53 homes e 43 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Armental
Vista da igrexa de Laxe en Armental, Vilasantar.
ConcelloVilasantar[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°03′36″N 8°04′42″O / 43.06007, -8.07832Coordenadas: 43°03′36″N 8°04′42″O / 43.06007, -8.07832
Poboación103 hab. (2019)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello, e incorpora desde 1867 a parroquia da Ciadella (do concello de Sobrado).

Armental no Catastro de Ensenada (1752).
Armental no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845).[2]

Xeografía editar

Situación editar

Armental sitúase no centro do concello de Vilasantar. Limita ao oeste coa parroquia de Vilasantar, ao sur con Présaras e Vilariño, ao leste con San Vicenzo de Curtis e ao norte con Fisteus (Curtis).

Hidrografía editar

Pola parroquia discorren varios varios ríos e regatos, cuxas augas acaban todas no río Tambre. O río Cabalar separa a parroquia de Armental das de Présaras e Vilariño, mentres que o seu afluente, o Rego das Lanzas, sepáraa de San Vicenzo. Ao norte, o río Albeiro e o seu afluente, o Rego de Follente, serven como límite con Fisteus. O río dos Muíños fai de límite coa parroquia de Vilasantar. Tamén atravesan a parroquia o Rego do Bidueiro e o Rego do Pontigo.[3]

Clima editar

É unha zona fría en inverno, con constantes xeadas pola noite e precipitacións que de cando en vez poden chegar a converterse en neve. No verán as temperaturas son suaves. Encádrase dentro do clima temperado.

Historia editar

Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, suprimiuse a parroquia eclesiástica da Ciadella e agregouse á de Armental, trasladándose ademais a igrexa parroquial á da Laxe.[4][5]

Demografía editar

Século XVIII editar

1752[6] 1768[7] 1787[8]
Veciños Habitantes
45 208 296

Século XIX editar

1826[9] 1831[10] 1836[11] 1845[2] 1857[12] 1860[13] 1887[14] 1900[15]
Veciños 36 58 58 48 70
Habitantes 142 403 290 290 332 354 399 424

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX editar

1910[15] 1920[15] 1930[15] 1940[15] 1950[15] 1960[15] 1970[15] 1981[15] 1986[16] 1991[15] 1999[17] 2000[18]
Habitantes 389 412 399 487 519 497 358 234 222 185 161 151

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI editar

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
145 149 150 146 140 139 134 126 124 123
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
126 119 113 102 106 103 102 96 103
Fonte: IGE (padrón municipal)[19]
Gráfica de evolución demográfica de Armental entre 1887 e 2018
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía editar

Festas e celebracións editar

  • Festa da Ascensión, celébrase na Laxe nos primeiros días de maio.
  • Romaría Nova, celébrase en Eirixe sobre a segunda fin de semana de agosto.
  • Festa do Outono, celébrase en Eirixe sobre o San Martiño.
  • Festa de Santa Lucía, celébrase en Eirixe sobre o 13 de decembro.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Armental editar

Lugares da parroquia de Armental no concello de Vilasantar (A Coruña)

O Campo | O Castro | Eirixe | A Fonte | O Granxeo | A Laxe | Libioi | O Pazo | O Porto | Sesmonde | O Toural | Zanfoga

Parroquias de Vilasantar editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilasantar

Armental (San Martiño) | Barbeito (San Salvador) | Mezonzo (Santa María) | Présaras (San Pedro) | San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo) | Vilariño (Santa María) | Vilasantar (Santiago)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. 2,0 2,1 Madoz, Pascual (1845). Armental (San Martin de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) II (Madrid). p. 574. 
  3. "Información xeográfica de Galicia". mapas.xunta.gal. Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  4. "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 141. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2018. 
  5. "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3.12.2018. 
  6. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 121. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  7. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 39. ISBN 978-84-260-3760-2. 
  8. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3829. ISBN 978-84-260-1970-7. 
  9. Miñano, Sebastián (1826). Armental (San Martin de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) I (Madrid). p. 281. 
  10. Armental (San Martin de). Diccionario geográfico universal (en castelán) I (Barcelona). 1831. p. 479. 
  11. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  12. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 249. 
  13. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 8–9. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018. 
  14. "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 158. 
  15. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 123. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  16. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 52. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  17. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE). 
  18. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE). 
  19. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS) ; "2002" (XLS) ; "2003" (XLS) ; "2004" (XLS) ; "2005" (XLS) ; "2006" (XLS) ; "2007" (XLS) ; "2008" (XLS) ; "2009" (XLS) ; "2010" (XLS) ; "2011" (XLS) ; "2012" (XLS) ; "2013" (XLS) ; "2014" (XLS) ; "2015" (XLS) ; "2016" (XLS)  e "2017" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar