Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°02′49″N 8°05′40″O / 43.04698, -8.09458

Pazo de Présaras
Pazo de Présaras en Vilasantar.jpg
ConcelloVilasantar
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(galego)
Estilo actual(?)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Présaras é un pazo situado na parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar.

SituaciónEditar

Atópase no lugar de Eirixe, fronte á igrexa da parroquia de Présaras, da que tamén funciona como casa reitoral.

CaracterísticasEditar

Trátase dunha edificación do século XVIII con planta en forma de "L" e de dúas alturas. A estrutura está formada por muros de carga de cachotaría, agás nos esquinais e enmarcados dos vans que son de cantería de granito. Ten forxados e cuberta de madeira e tella do país, así como un grande escudo con helmo na fachada. Baixo o mesmo teito conviven a casa reitoral e unha vivenda. O terreo ten hortas e plantacións de froiteiros rodeadas de leiras e prados.

HistoriaEditar

Foi construído por Valentín Sánchez de Boado tras regresar do Perú como indiano. Tamén construíu a igrexa, cuxo conxunto escultórico encargou a Xosé Gambino.[1]

NotasEditar

BibliografíaEditar

López Calderón, Marica (2009). LINGUAXE, ESTILO E MODO NA ESCULTURA DE FRANCISCO DE MOURE E JOSÉ GAMBINO (Tese). 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar