Oswald de Andrade

José Oswald de Sousa de Andrade, nome completo de Oswald de Andrade, nado en São Paulo o 11 de xaneiro de 1890 e finado no mesmo lugar o 22 de outubro de 1954, foi un poeta, escritor, ensaísta e dramaturgo brasileiro.[1]

Infotaula de personaOswald de Andrade

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) José Oswald de Sousa Andrade Editar o valor em Wikidata
11 de xaneiro de 1890 Editar o valor em Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1954 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Consolação (pt) Traducir, rua 17, terreno 17 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de São Paulo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e Drama Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , novelista , escritor de non ficción , xornalista , dramaturgo , escritor , pamphleteer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePagu (1930–1935)
Tarsila do Amaral (1926–1930)
ParellaTarsila do Amaral Editar o valor em Wikidata
FillosRudá de Andrade (pt) Traducir
 () Pagu Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0028085 Musicbrainz: 60a0fa85-a381-42e8-8cba-1f69b365212d Editar o valor em Wikidata

Era fillo único de José Oswald Nogueira de Andrade e de Inês Henriqueta Inglés de Sousa de Andrade (irmá do escritor Inglês de Sousa).[2] Estudou Dereito no Largo San Francisco en 1919.[3] Foi un dos promotores da Semana de Arte Moderna que ocorreu 1922 en São Paulo, tornándose un dos grandes nomes do modernismo literario brasileiro. Ficou coñecido polo seu temperamento "irreverente e combativo", sendo o máis innovador entre estes. Colaborou na revista Contemporánea.[4] (1915-1926). De 1926 a 1929 estivo casado con Tarsila do Amaral e de 1930 a 1935 foi o marido de Pagu.

Oswald no Modernismo Brasileiro editar

Un dos máis importantes introdutores do Modernismo no Brasil, foi o autor dos dous máis importantes manifestos modernistas, o Manifesto da Poesia Pau-Brasil e o Manifesto Antropófago, ben como do primeiro libro de poemas do modernismo brasileiro afastado de toda a elocuencia romántica, Pau-Brasil.

Moi próximo, no principio da súa carreira literaria, de Mário de Andrade, ambos os dous autores actuaron como "dínamos" na introdución e experimentación do movemento, unidos por unha profunda amizade que durou moito tempo.[5]

Porén, posuíndo profundas distincións estéticas no seu traballo, Oswald de Andrade foi tamén máis provocador que o seu compañeiro modernista, podendo hoxe ser clasificado como un polemista. Nese aspecto non só os seus escritos como as súas aparicións públicas serviron para moldear o ambiente modernista da década de 1920 e de 1930.

Foi un dos interventores na Semana de Arte Moderna de 1922. Ese evento tivo unha función simbólica importante na identidade cultural brasileira. Por un lado celebrábase un século da independencia política do país colonizador Portugal, e por outro consecuentemente, había unha necesidade de se definir o que era a cultura brasileira, o que era se sentir brasileiro, cales os seus modos de expresión propios. No fondo, procurábase aquilo que o filósofo alemán Herder, ao final do século XVIII, xa definira como "alma nacional" (Volksgeist).[6]

Esta necesidade de definición do espírito dun pobo era contrabalanzada, e niso o modernismo brasileiro como un todo vai á par coas vangardas europeas do principio do século, por unha abertura cosmopolita ao mundo.

Na súa busca por un carácter nacional (ou falta del, que Mário de Andrade mostra en Macunaíma), Oswald, porén, foi moito alén do pensamento romántico, diferentemente doutros modernistas. Nos anos vinte, Oswald volveuse contra as formas cultas e convencionais da arte. Fosen elas a novela de ideas, o teatro de tese, o naturalismo, o realismo, o racionalismo e o parnasianismo (por exemplo Olavo Bilac). Interesáronlle, sobre todo, as formas de expresión ditas inxenuas, primitivas, ou un correcto abstracionismo xeométrico latente nestas, a recuperación de elementos locais, aliados ao progreso da técnica.

Foi con sorpresa e satisfacción que Oswald de Andrade descubriu, na súa estadía en París na época do Futurismo e do Cubismo, que os elementos de culturas até aí consideradas como menores, como a africana ou a polinésia, estaban a ser integrados na arte máis avanzada. Así, a arte da Europa industrial era renovada cunha revisitación a outras culturas e expresións doutros pobos. Oswald entendeu que o Brasil e toda a súa multiplicidade cultural, desde as variadas culturas autóctonas dos indios até a cultura negra representaban unha vantaxe e que con elas se podería construír unha identidade e renovar as letras e as artes. A partir de aí, volve a súa poesía para un correcto primitivismo e tenta fundir, pór ao mesmo nivel, os elementos da cultura popular e erudita.

Manifesto da Poesía Pau-Brasil (1924) editar

O Manifesto da Poesía Pau-Brasil[7] é do mesmo ano que o Manifesto Surrealista de André Breton, o que reforza a tese de que o Brasil estaba a acompañar plenamente o movemento das vangardas mundiais. Deixara definitivamente de ser unha forma de expresión pos-portuguesa para se afirmar plena e autonomamente. Neste manifesto Oswald defende unha poesía que sexa inxenua, mais inxenua no sentido de non contaminada por formas preestabelecidas de pensar e facer arte. “Poetas. Sen reminiscencias librescas. Sen pescuda etimolóxica. Sen ontoloxía.”

O manifesto desenvólvese nun ton de parodia e de festa, de prosa poética pautada con frases aforísticas. Nel exprésase que o Brasil pase a ser unha cultura de exportación, á semellanza do que foi o produto pau-brasil, que a súa poesía sexa un produto cultural que xa non debe nada á cultura europea e que antes polo contrario pode vir a influenciar esta. Oswald defende unha poética espontánea e orixinal, as formas de arte están dominadas polo espírito da imitación, o naturalismo era unha copia falsa. "Só non se inventou a máquina de facer versos — xa había o poeta parnasiano". Afirma así unha poesía que ten que ser revolucionaria.[8] "A poesía existe nos traxes". “O traballo contra o detalle naturalista — pola síntese, contra a morbidez romántica. — polo equilibrio xeómetra, e polo acabamento técnico, contra a copia, pola invención e pola sorpresa”.

Talvez non sexa moi errado afirmar que este manifesto podería ser considerado como un futurismo tropicalista. “Temos a base dobre e presente — o bosque e a escola. A raza crédula e dualista e a xeometría, a álxebra e a química pronto despois da biberón e do té de herba doce...”

O manifesto propón, sen perder o humor e a inxenuidade, a descolonización de seu país polas vías dun levantamento popular, e por enriba de todo negro, cando expón unha suxestión de Blaise Cendrars : "– Tedes as locomotoras cheas, ides partir. Un negro xira a manivela do desvío rotativo en que estades. O menor descoido faravos partir na dirección oposta ao voso destino".[9]

Manifesto Antropófago (1928) editar

 
Oswald de Andrade. Arquivo Nacional.

O Manifesto Antropófago foi publicado no primeiro exemplar da Revista de Antropofagia. Os exemplares desta publicación eran numerados como primeira dentição, segunda dentição etc.

Este manifesto constitúese nunha síntese dalgúns pensamentos do autor sobre o Modernismo Brasileiro. Inspirouse explicitamente en Marx, Freud, André Breton, Montaigne e Rousseau e atacaba explicitamente a misionación, a herdanza portuguesa e o padre Antônio Vieira: "Antes dos portugueses descubriren o Brasil, o Brasil tiña descuberto a felicidade; Contra Goethe [que simboliza a cultura clásica europea]".[8] Neste sentido, asina o manifesto como sendo escrito en Piratininga (nome indíxena para a chaira de onde viría a xurdir a cidade de São Paulo), datándoo esclarecedoramente como "ano 374, da Deglutición do Bispo Sardinha", o que denota un rexeitamento radical, simbólico e humoristicamente, do calendario gregoriano vixente.

Por outro lado, a técnica da escrita explorada no Manifesto, ben como en todos os poemas máis significativos do autor antes e tras este, aproxímanse máis das chamadas vangardas positivas, máis construtivas que o Surrealismo de Breton e continúan propondo unha lingua nacional distinta do portugués. O desexo de crear unha lingua brasileira manifestaríase na súa obra, principalmente, por un vocabulario popular, explorando certos "desvíos" do falante brasileiro (como sordado, mio, mió), intentando o "erro creativo". Este soño soamente se parecería concretar posteriormente, no entanto, na prosa de Guimarães Rosa e na poesía de Manoel de Barros.

Hai varias ideas que están implícitas neste manifesto, en que Oswald se expresa de maneira poética. Esas non son exprotadas sistematicamente.[10] Unha destas ideas é o manifesto antropofáxico, antropofaxia que é distinta de canibalismo, pois nas sociedades tribais/tradicionais antropofáxicas, o nativo comía da carne do nativo doutra tribo crendo estar asimilando o que este tiña de bo. Xeralmente o guerreiro alimentábase doutro guerreiro forte, nunca dun guerreiro feble, pois senón as súas características ruíns serían asimiladas. O caníbal á súa vez aliméntase do outro ser humano por nutrición. A literatura brasileira sempre tivo esa crise de identidade, así como moitas literaturas de países que xa foron colonizados, pois non se senten pertencentes aos nativos nin aos colonizadores. Oswald, entón, resolve esta cuestión, coa explicación que debemos ser antropofáxicos coa cultura europea, pois debemos comela e dixerir todo aquilo que ela ten de bo, devolvendo iso na forma dunha produción superior, con moito senso de humor e crítica: "Preguntei a un home o que era o Dereito. El respondeume que era a garantía do exercicio da posibilidade. Ese home chamábase Galli Matias. Comino."

Outra idea avanzada é a de que a maior revolución de todas vai se realizar no Brasil: "Queremos a revolución Caraíba".

Outra idea é a de que o Brasil, simbolizado polo indio, absorbe o estranxeiro, o elemento estraño a si, e tórnao carne da súa carne, canibalízao. Oswald, metaforicamente, rexeita as "relixións do meridiano" que son aquelas de orixe oriental e semita que deron orixe ao cristianismo. Estando a favor das relixións indíxenas, coa súa relación directa coas forzas cósmicas.

O manifesto insiste moito nas ideas de Totem e Tabú, expresadas nun traballo de Freud de 1912. Segundo Freud o Pai da tribo sería morto e comido polos fillos e posteriormente divinizado. Tornado Totem e por iso mesmo sagrado, consecuentemente creáronse interdicións á súa volta.

Citando o manifesto: "Antropofaxia. A transformación permanente do Tabú en totem." A antropofaxia segundo Oswald é unha inversión do mito do bo salvaxe de Rousseau, que era puro, inocente, edénico. O indio pasa a ser mao e esperto, porque canibaliza o estranxeiro, dixíreo, tórnao parte da súa carne. Así o Brasil sería un país caníbal. O que é un punto de vista interesante porque subverte a relación colonizador (activo)/colonizado (pasivo). O colonizado dixere o colonizador. Ou sexa, non é a cultura occidental, portuguesa, europea, branca, que ocupa o Brasil, mais é o indio que dixere todo o que lle chega. E ao dixerir e absorber as calidades dos estranxeiros fica mellor, máis forte e tórnase brasileiro.

Así o Manifesto Antropófago, aínda que sexa nacionalista non é xenófobo, antes polo contrario é xecanofáxico: "Só me interesa o que non é meu. Lei do home. Lei do antropófago." Por iso, o antropófago Oswald sería un vangardista, e sería o primeiro brasileiro, cronoloxicamente, en influenciar o movemento literario brasileiro de maior repercusión internacional, o concretismo, ben como, talvez indirectamente, ao poeta brasileiro máis aclamado nos círculos literarios da actualidade, Manoel de Barros, o cal se di un poeta da "vangarda primitiva".

Biografía editar

En 11 de xaneiro de 1890 naceu, en São Paulo, José Oswald de Sousa de Andrade, fillo único de José Oswald Nogueira de Andrade e Inês Henriqueta Inglés de Sousa de Andrade, sendo eles pertencentes a unha familia paulistana tradicional, de clase alta, de ascendencia portuguesa.

Iniciou os seus estudos, en 1900, na Escola Modelo Caetano de Campos. En 1901, ingresa no Ginásio Nossa Senhora do Carmo. De 1903 a 1908 estudou no Colexio San Bento, onde concluíu os seus estudos co diploma de bacharel en humanidades. En 1909 iniciou carreira no xornalismo como redactor e crítico teatral do “Diario Popular”, asinando a columna "Teatro eSalões". O mesmo ano ingresou na Facultade de Dereito.

En 1910 montou un ateliê co pintor Oswaldo Piñeiro, no Vale do Anhangabaú. Este ano coñeceu o Río de Xaneiro, onde ficou hospedado na residencia de seu tío avó, o escritor Inglés de Souza. Pasou o primeiro Natal lonxe da familia, acompañado de amigos, en Santos, nunha hospedaría.

En 1911, coa axuda financeira da súa nai, fundou o xornal “O Pirralho”, cuxo primeiro número é lanzado o 12 de agosto, tendo como colaboradores Amadeu Amaral, Voltolino, Alexandre Marcondes, Cornélio Pires e outros. Coñeceu o poeta Emílio de Meneses, de quen se tornou amigo, e o axudou profesionalmente. Lanzou a campaña civilista en torno a Ruy Barbosa. Este mesmo ano pasou as súas vacacións en Baependi, Minas Xerais, na facenda da familia de seu avó paterno.

En 1912 decidiu coñecer a Europa, onde visitou varios países: Italia, Alemaña, Bélxica, Inglaterra, Francia e España. Puido coñecer a xente como Isadora Duncan, Picasso, Jean Cocteau, Constantin Brancusi, Jules Romains e Tarsila do Amaral.[11] Mantivo casos amorosos con diversas mulleres durante a viaxe, o máis longo deles cunha moza danzarina de cabaré, a italiana Helena Carmen Hosbale, con quen ficou por tres meses, durante a súa estadía en Milán.

Nunha viaxe a París, coñeceu unha moza estudante francesa, Henriette Denise Boufflers, unha doncela de familia rica. Pasou a chamala cariñosamente de Kamiá. Apaixonaron intensamente, e mantiveron un caso amoroso escondido por un mes, até asumiren o namoro e Oswald ser aceptado pola familia dela. Tras dous meses, en setembro do mesmo ano, súa nai faleceu, e Oswald, entón, volveu para o Brasil, traendo Kamiá xunto consigo, que recibiu autorización da familia para ir con el. Eles pasan a morar xuntos na casa del en São Paulo. En 1914 naceu o fillo da parella, José Oswald Antônio Boufflers de Andrade, apelidado por eles de Nonê. A partir de aí o casal desestabilizouse, coas inseguridades e celos de Kamiá, e as traizóns de Oswald. Ese mesmo ano tornouse bacharel en ciencias e letras, polo Colexio San Bento, e fixo un curso de filosofía no Mosteiro de San Bento.

En 1915, Oswald iniciou un caso extraconxugal coa danzarina española Carmen Lydia, que pasou a vivir no Brasil. En 1916 a súa esposa descubriu a traizón, e ambos separáronse. Ela, entón, volveu para París co seu fillo, e Oswald ficou vivindo só en São Paulo, separándose da danzarina un mes despois.

En 1917 comezou a namorar a xornalista Maria de Lourdes Olzani, apelidada Deise, e a través dela coñeceu Mário de Andrade, con quen organizou a Semana de Arte Moderna. En 1918 rematou dereito, tras parar e retomar a facultade diversas veces. En 1922 separouse de Maria de Lourdes, que o abandonou, cansada de perdoar as diversas traizóns del. Ese mesmo ano, Oswald comezou a namorar a pintora Tarsila do Amaral.[12]

En 1923 viaxou até a Francia, e cacudiu á xustiza para conseguir a garda do fillo, xa que Kamiá, a nai do meniño, aínda magoada co termo do casamento, non quería que Oswald o vise. Oswald, entón, conseguiu a custodia del, debido ao seu alto poder aquisitivo e influencia no escenario cultural brasileiro. El, entón, matriculou o seu fillo no colexio interno Licée Jaccard, en Lausanne, na Suíza. El pasou a visitar o meniño unha vez por mes, e levábao para viaxar con el todo ano, nas vacacións, levando o seu fillo para moraren xuntos no Brasil tras o meniño ficar maior de idade. Este mesmo ano de 1923 viaxou coa súa noiva Tarsila para divulgar os traballos artísticos de ambos en Portugal, España e o Senegal.

En 1925 viaxou coa súa entón noiva Tarsila, a filla dela, e o seu fillo, pola Grecia, Turquía, Israel e Exipto. Ambos foron morar xuntos en 1926. Coa Crise de 1929 no mundo, Oswald rompeu a súa colabroacón profesional con Mário de Andrade, debido á súa gran perda financeira. Iso agravou o seu casamento, xa en crise había un ano, debido ás diferenzas marcadas de temperamento entre a parella, e os celos intensos de Tarsila. En decembro de 1929 separouse da súa esposa e asumiu unha relación seria coa súa amante, a escritora Pagu, con quen xa se relacionaba había un ano.[13]

O día 1º de abril de 1930 "cása" con Pagu, nunha cerimonia pouco convencional: O acontecemento foi simbólico, realizado no Cemiterio da Consolação, en São Paulo. O traxe apareceu en diversos informativos. Casaron oficialmente no civil e na igrexa só o mes seguinte, con Pagu xa embarazada de seis meses. En 25 de setembro do mesmo ano naceu o fillo da parella, Rudá Poronominare Galvão de Andrade.

O seu casamento con Patrícia faino aproximarse á política, e tornouse militante do Partido Comunista Brasileiro, e a parella fundou xuntos o xornal O Homem do Povo, que durou até 1945, cando Oswald rompeu co partido comunista.

En xuño de 1934 separouse de Pagu, debido as constantes traizóns de Oswald, que asumiu uha relación seria coa súa amante, a pianista Piar Ferrer, con quen xa estaba había dous anos. Tras un mes, separouse de Piar, e iniciou un namoro con Julieta Bárbara Guerrini, unha moza poetisa, de familia tradicional paulistana, de orixe italiana. En decembro a parella pasou a vivir xuntos. En 1935 naceu a filla de ambos, Adelaide Guerrini de Andrade. A parella separouse en 1940, debido ás diverxencias conxugais constantes.

Tras levar unha vida boêmia, mantendo relacións casuais con mulleres anónimas e famosas, en 1943 iniciou un namoro con Maria Antonieta D'Alkmin, unha moza paulistana, de familia rica e tradicional, de orixe alemá. Ambos foron vivir xuntos en 1944. A parella tivo dous fillos: Antonieta Marília D'Alkmin de Andrade, nacida en 1945, e Paulo Marcos D'Alkmin de Andrade, nacido en 1948. Este foi o último casamento de Oswald, que permaneceu casado até o seu falecemento, en 1954.

Falecemento editar

 
Túmulo onde foi sepultado Oswald de Andrade, no cemiterio da Consolação.

Faleceu aos 64 anos, na súa cama, vítima dun infarto. Foi sepultado no panteón da familia, no Cemiterio da Consolação, xunto aos seus pais e avoas.[14]

Representacións na cultura editar

Oswald de Andrade xa foi retratado como personaxe no cinema e na televisión, interpretado por Colé Santana no filme Tabú (1982)[15]; Flávio Galvão e Ítala Nandi, no filme O Home do Pau-Brasil (1982);[16] Antônio Fagundes, no filme Eternamente Pagu (1987);[17] e José Rubens Chachá, nas miniséries Um Só Coração (2004)[18] e JK (2006).

As ideas de Oswald de Andrade influenciaron tamén diversas áreas da creación artística: na música, o tropicalismo; na poesía, o movemento dos concretistas; e no teatro, grupos como Teatro Oficina.

Principais obras editar

Alén dos manifestos Poesia Pau-Brasil (1924) e Antropófago (1928), Oswald outras moitas.

Poesía editar

Sendo o máis innovador da linguaxe entre os modernistas, abriu camiños que influenciaron moito a poesía brasileira posterior (como a de Carlos Drummond de Andrade, João Cabral de Mello Neto, o Concretismo e Manoel de Barros), ben como a obra do poeta francés Blaise Cendrars, considerado un dos 10 maiores poetas franceses do século XX polo poeta Paul Eluard.

  • 1925: Pau-Brasil
  • 1927: Primeiro Caderno do Aluno de Poesia Oswald de Andrade
  • 1942: Cântico dos Cânticos para Flauta e Violão
  • 1946: O Escaravelho de Ouro
  • 1947: O Cavalo Azul
  • 1947: Manhã
  • 1950: O Santeiro do Mangue

Novela editar

As súas novelas aínda non son debidamente coñecidas, porén Memorias Sentimentais de João Miramar, por exemplo, foi escrito antes de 1922, anticipando toda a linguaxe do modernismo brasileiro.

  • 1922-1934: Os Condenados (triloxía)
  • 1924: Memórias Sentimentais de João Miramar
  • 1933: Serafim Ponte Grande
  • 1943: Marco Zero I - A Revolução Melancólica
  • 1945: Marco Zero II - Chão

Teatro editar

  • 1916: Mon Coeur Balance - Leur Âme - Histoire de La Fille Du Roi (con Guilherme de Almeida)
  • 1934: O Homem e o Cavalo
  • 1937: A Morta pelo homem
  • 1937: O Rei da Vela; primeira encenificación dos seus textos en 1967, polo Teatro Oficina de São Paulo

Outros editar

  • 1911 a 1918: O Pirralho, periódico literario, político e de humor.[19]
  • 1954: Um homem sem profissão. Memórias e confissões. I. Sob as ordens de mamãe, concapa de Nonê e prefacio de Antonio Cândido.
  • 1990: Dicionário de bolso, publicación póstuma organizada por Maria Eugênia Boaventura a partir de manuscritos do autor contendo verbetes xocosos.

Traducións editar

  • Anthropophagies, trad. en francés por Jacques Thiériot, París, Flammarion, "Barroco", 1982 [reúne as trad. de Memorias sentimentais de João Miramar, de Serafim Ponte Grande, dous dos manifestos e mais algúns textos "antropofagos"]
  • Pau Brasil, ed. semi-facsimilar, trad. en español por Andrés Sanchez Robayna, Madrid, Fundación Juan March/ Editorial de arte e ciencia, 2009 [1a. ed. completa no exterior]
  • Bois Brésil: Poésie et Manifeste, ed. bilingue, tradución en francés, prefacio e notas por Antoine Chareyre, París, Editions de la Différence, 2010, 398p. [1a. ed. crítica ; prefacio p. 11-59 ; notas ao prefacio francés, ao prefacio de Paulo Prado e aos textos do autor, p. 277-376 ; bibliografía bilingue, p. 377-396]

Notas editar

  1. "Oswald de Andrade". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-26. 
  2. Oswald de Andrade. Um homem sem profissão. Memórias e confissões. I. Sob as ordens de mamãe. 1a. Edição. São Paulo: Editora José Olympio, 1954, pag. 9
  3. "ARCADAS Associação Antigos Alunos Faculdade de Direito da USP". www.arcadas.org.br. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  4. "Contemporânea [1915-1926]". hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. Consultado o 2020-04-26. 
  5. "Oswald de Andrade (1890-1954) - Portal Brasil". web.archive.org (en portugués). 2013-07-30. Archived from the original on 30 de xullo de 2013. Consultado o 2020-04-26. 
  6. Berdichevsky, Norman (2018-02-22). Nations, Language and Citizenship (en inglés). McFarland. ISBN 978-0-7864-2700-0. 
  7. "Biografia de Oswald de Andrade". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-26. 
  8. 8,0 8,1 "Oswald de Andrade (1890-1954) - Portal Brasil". web.archive.org. 2013-07-30. Archived from the original on 30 de xullo de 2013. Consultado o 2020-04-26. 
  9. Camargo, Thiago. "Manifesto antropofágico - manifesto pau brasil" (en portugués). 
  10. Jauregui, Carlos A.; Szurmuk, Mónica. "Antropofagia (Cultural cannibalism)". Dictionary of Latin American Studies / "Antropofagia.” Dictionary of Latin American Cultural Studies. Robert McKee Irwin and Mónica Szurmuk (eds.). Gainesville: The University Press of Florida (2012): 22-28. (en inglés). 
  11. "Biografia de Oswald de Andrade". www.biografiasyvidas.com (en castelán). Consultado o 2020-04-26. 
  12. "Oswald de Andrade: biografia, obras e poemas". Toda Matéria (en portugués). Consultado o 2020-04-26. 
  13. "Oswald de Andrade - Biografia". www.releituras.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2019. Consultado o 2020-04-26. 
  14. superuser (2013-09-05). "Morre o escritor Oswald de Andrade". HISTORY (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-26. 
  15. "Tabú (1982)" (en castelán). Consultado o 2020-04-26. 
  16. "O Homem do Pau-Brasil (1982)" (en castelán). Consultado o 2020-04-26. 
  17. "Eternamente Pagu (1987) - IMDb". Consultado o 2020-04-26. 
  18. "Um Só Coração". Consultado o 2020-04-26. 
  19. "O Pirralho". BNDigital (en portugués). Consultado o 2020-04-26. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Boaventura, Maria Eugenia. A Vanguarda Antropofágica. São Paulo: Ática, 1985.
  • Helena, Lúcia. Totens e tabus da modernidade brasileira: símbolo e alegoria na obra de Oswald de Andrade. Río de Xaneiro: Tempo Brasileiro. 1985.
  • Jauregui, Carlos A. Canibalia. Canibalismo, calibanismo, antropofagia cultural y consumo en América Latina. Premio Casa de las Américas. Revisado, segunda edición. Madrid, España: Vervuert, ETC: Ensayos de Teoría Cultural 1, 2008.
  • Jauregui, Carlos, A. “Antropofagia.” Dictionary of Latin American Cultural Studies. Editado por Robert McKee Irwin e Mónica Szurmuk. Gainesville: The University Press of Florida (2012): 22-28. The University Press of Florida, 2012, 22-28
  • Justino, Maria José. O Banquete Canibal: A modernidade em Tarsila do Amaral 1886-1973 Curitiba: Editora UFPR, 2002.
  • Morais Junior, Luís Carlos de. O Olho do Ciclope e os Novos Antropófagos: Antropofagia Cinematótica na Literatura Brasileira. Río de Xaneiro: Quártica Editora, 2009. 2 ed. Río de Xaneiro: Litteris, 2012 (en conmemoración dos 90 anos da Semana de Arte Moderna de 22).
  • Netto, Adriano Bitarães. Antropofagia Oswaldiana: Um Receituário Estético e Científico. São Paulo: Annablume, 2004.
  • Nunes, Benedito. Oswald Canibal. São Paulo: Perspectiva, 1979.
  • Nunes, Benedito. A Utopia Antropofágica: A Antropofagia ao alcance de todos. São Paulo: Globo, 1990