João Cabral de Melo Neto

escritor brasileiro

João Cabral de Melo Neto, nado en Arrecife o 9 de xaneiro de 1920 e finado no Río de Xaneiro o 9 de outubro de 1999,[1] foi un poeta e diplomático brasileiro.

Infotaula de personaJoão Cabral de Melo Neto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Recife, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1999 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , diplomático , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa e portugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarly de Oliveira (pt) Traducir (1986–1999) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0210249 Musicbrainz: 3285871e-12b7-4453-a270-4313c3643831 Discogs: 869802 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa obra poética, que vai desde unha tendencia surrealista até a poesía popular, porén caracterizada polo rigor estético, con poemas contrarios a confesionalismos e marcados polo uso de rimas en asonancia, inaugurou unha nova forma de facer poesía no Brasil. É considerado o maior poeta de lingua portuguesa por escritores como Mia Couto.[2]

Foi agraciado con varios premios literarios, entre eles o Premio Neustadt,[3] tido como o "Nobel Americano", sendo o único brasileiro galardoado con tal distinción, e o Premio Camões. Cando morreu, en 1999, especulábase que era un bo candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Irmán do historiador Evaldo Cabral de Mello e primo do poeta Manuel Bandeira e do sociólogo Gilberto Freyre, João Cabral foi amigo do pintor Joan Miró e do poeta Joan Brossa. Casou con Stella Maria Barbosa de Oliveira, con quen tivo os fillos Rodrigo, Inez, Luiz, Isabel e João. Casou en segundas nupcias, en 1986, coa poetisa Marly de Oliveira. Diplomtíca, exerceu funcións consulares en Asunción, Barcelona (entre 1947 e 1950) e Dakar.[4]

O escritor foi membro da Academia Pernambucana de Letras (aínda que non comparecese a ningunha reunión como académico, nin mesmo á súa toma de posesión) e da Academia Brasileira de Letras.

Traxectoria literaria editar

 
Estatua de João Cabral de Melo Neto no Arrecife.

Na poesía de Cabral percíbense algunhas dualidades antitéticas, traballadas cun correcto barroquismo. Entre espazo e tempo, entre o dentro e o fóra, entre o macizo e o non macizo, entre o masculino e o feminino, entre o Nordeste desértico e a Andaluzía fértil, ou entre a Caatinga desértica e o húmido Pernambuco. É unha poesía que causa algún estrañamento a quen espera unha poesía emotiva, pois o seu traballo é basicamente cerebral e "sensacionista", buscando unha poesía construtivista e comunicativa, obxectiva.

Aínda que exista unha tendencia surrealista nos seus poemas, principalmente nos iniciais, como en Pedra do Sono, buscando unha poesía que fose tamén expressiva, Melo Neto non precisa recorrer ao pathos ("paixón") para crear unha atmosfera poética, fuxindo de calquera tendencia romántica, mais busca unha construción elaborada e pensada da linguaxe e do dicir da súa poesía, transformando toda a percepción en imaxe de algo concreto e relacionado cos sentidos, principalmente co do tacto, como se pode entender ben en Uma faca só lâmina. Neste poema, Cabral presenta a imaxe do coitelo a través da sensación de baleiro que a navallada deixa na carne, contrastando co propio coitelo sólido que a corta.

Algunhas palabras son usadas sistematicamente na poesía deste autor: cana, pedra, oso, esqueleto, dente, gume, navalha, coitelo, fouce, lámina, cortar, esfolado, baía, reloxo, seco, mineral, deserto, asséptico, baleiro, fame. Cousas sólidas e sensacións táctiles: unha poesía do concreto.

 
Joao Cabral de Melo

Mantivo unha boa relación con España onde se editou a Poesia completa (mil páxinas ao coidado do poeta Antonio Carlos Secchin).[5] Consideraba a Quevedo e a Góngora da súa mesma familia espiritual. Nesta época coñeceu a Joan Miró, desta relación xurdiu o libro Joan Miró, ilustrado polo artista catalán.[6]

Pedra do Sono editar

Primeiro libro de poemas de Melo Neto, Pedra do Sono é unha selección de poemas con forte teor surrealista. De entre os temas principais están a descrición de estados oníricos, "lunares", revelando o interese do mozo Cabral polos estados fronteirizos entre o sono e a vixilia. Pedra do Sono foi máis tarde criticado polo propio Cabral. Abandonando lentamente os elementos imagéticos simbolistas e surrealistas, Cabral expresou varias veces a importancia na poesía de presentar a imaxe, en lugar de suxerir atmosferas. Ora, en Pedra do Sono as atmosferas son importantíssimas. As atmosferas nebulosas, meditativas, moitas das cales en lugares recluídos, non estaban en desconesión coa literatura de seu tempo e de novelas anteriores, algunhas das cales sobreviviron na obra posterior de Cabral, así como de poemas que buscan pintar o efecto delirante dunha contemplación. Anos máis tarde, Cabral criticará a súa tendencia nese libro de pintar atmosferas, en lugar de falar directamente. Esa tendencia continuará en parteno seu segundo libro, Os Três Mal-Amados. Nesa obra Cabral coloca tres personaxes a falar, cada un representando un estado diverso de aprensión do mundo.[7]

En 1952, cando o Partido Comunista do Brasil estaba na ilegalidade, João Cabral de Melo Neto foi acusado de crear unha "célula comunista" no Ministerio de Relacións Exteriores xunto con catro diplomáticos máis (Antônio Houaiss, Amaury Banhos Porto de Oliveira, Jatyr de Almeida Rodrigues e Paulo Cotrim Rodrigues Pereira), sendo todos afastados do Palacio do Itamaraty por Getúlio Vargas en orde do 20 de marzo de 1953. Conseguiron retornar ao servizo en 1954 tras recorreren ao Supremo Tribunal Federal.

Academia Brasileira de Letras editar

 
Posesión de João Cabral de Mello Neto na ABL.

Foi elixido membro da Academia o 15 de agosto de 1968, e tomou posesión o 6 de maio de 1969, recibido por Múcio León. Ocupou a cadeira 37, antes ocupada polo xornalista Assis Chateaubriand cunha importancia grande na Literatura Brasileira.

Obras editar

  • Pedra do Sono (1942)
  • Os Três Mal-Amados (1943)
  • O Engenheiro (1945)
  • Psicologia da Composição com a Fábula de Anfion e Antiode (1947)
  • O Cão Sem Plumas (1950)
  • O Rio ou Relação da Viagem que Faz o Capibaribe de Sua Nascente à Cidade do Recife (1954)
  • Duas Águas (1956)
  • Dois Parlamentos (1960)
  • Quaderna (1960)
  • Tercera Feira (1961)
  • A Educação pela Pedra (1966)
  • Museu de Tudo (1975)
  • A Escola das Facas (1980)
  • Agrestes (1985)
  • Crime na Calle Relator (1987)
  • Primeiros Poemas (1990)
  • Sevilha Andando (1990)
  • Tecendo a Manhã (1999)

Autos editar

  • Morte e Vida Severina (1955). Poema dramático que o consagrou.[8]
  • Auto do Frade (1984)

Ensaio editar

  • Consideração sobre o Poeta Dormido (1941)
  • Prática de Mallarmé (1942)
  • Joan Miró (1942)
  • Poesia e Composição (1952)
  • Da funçço moderna da poesía (1954)
  • Carta a Murilo Mendes (1972)
  • Prosa (1998)

Premios e Condecoracións editar

Notas editar

  1. "Joao Cabral de Melo Neto - Poemas de Joao Cabral de Melo Neto". www.poemas-del-alma.com (en castelán). Consultado o 2020-04-16. 
  2. "Mia Couto e Sidarta Ribeiro batem um papo sobre literatura e ciência. Conversa com Bial". gshow (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  3. Lusa. "Mia Couto distinguido com prémio internacional de literatura Neustadt". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  4. "João Cabral de Melo Neto. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  5. López-Vega, Martín. "João Cabral de Melo Neto, sobre la poesía. El Cultural" (en castelán). Consultado o 2020-04-16. 
  6. País, El (1994-06-03). "El brasileño Cabral de Melo Neto gana el premio Reina Sofía de poesía iberoamericana". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-16. 
  7. Pereira, Lawrence Flores (2004). A pedra do sono de Cabral de M. Neto: o imaginário onírico e o feminino inquietante. Nonada: Letras em Revista, Porto Alegre. 
  8. "Biografia de João Cabral de Melo Neto". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-16. 
  9. "Cidadãos Estrangeiros Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "João Cabral de Melo Neto". 
  10. "Prêmio Camões de Literatura". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2020.