Tarsila do Amaral
Tarsila do Amaral, nada en Capivari o 1 de setembro de 1886 e finada en São Paulo o 17 de xaneiro de 1973, foi unha pintora brasileira.
(1925) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1886 Capivari, Brasil (pt) |
Morte | 17 de xaneiro de 1973 (86 anos) São Paulo, Brasil |
Lugar de sepultura | Cemitério da Consolação (pt) , quadra 36, terreno 46 |
Educación | Academia Julian Académie Moderne (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais, Pintura no Brasil (pt) e Escultura do Brasil (pt) |
Lugar de traballo | São Paulo París |
Ocupación | pintora, debuxante, escultora, artista |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Oswald de Andrade (1926–1930) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Concise Dictionary of Women Artists (en) |
Sitio web | tarsiladoamaral.com.br |
Traxectoria
editarTarsila do Amaral é a pintora máis representativa da primeira fase do movemento modernista brasileiro. O seu cadro Abaporu de 1928, inicia o movemento antropofáxico nos artistas plásticos do país. Comezou a aprender pintura no ano 1917, da man de Pedro Alexandrino e máis tarde, estudará con George Fischer Elphons. En 1920 viaxa a París onde frecuentou a Académie Julien, onde recibe a orientación de Émile Renard. En Francia coñeceu a Fernand Léger e participou do Salón oficial de artistas franceses de 1922, desenvolvendo técnicas influenciadas polo Cubismo. De volta no Brasil únese a Anita Malfatti, Menotti de Picchia, Mário de Andrade e Oswald de Andrade, conformando o grupo dos cinco, que defende as ideas da semana da arte moderna e se coloca á fronte do movemento modernista do Brasil.
En 1926 casa con Oswald de Andrade e nese mesmo ano realiza a súa primeira exposición individual na Galería Percier, en París. A partir dese momento as súas obras adquiren grandes características primitivas e nativistas. É característico desta época o seu cadro Abaporu, que serve de guía no movemento antropofáxico.
En 1933 desenvolveu unha pintura máis conectada a temas sociais, da cal son exemplos as obras Obreiros e Segunda Clase. Expuxo nas dúas primeiras bienais de San Paulo e chegou a gañar unha retrospectiva no Museo de Arte Moderna de San Paulo no 1960. En 1964, presentouse á bienal de Venecia.
Na súa honra batizouse como Amaral un cráter do planeta Mercurio
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tarsila do Amaral |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en portugués) (en inglés).
- Társila do Amaral na fundación Joan March (en castelán).