O libro galego onte e hoxe

exposición bibliográfica sobre o libro galego

O libro galego onte e hoxe foi unha exposición bibliográfica celebrada no antigo Convento de San Domingos (Museo do Pobo Galego) en Santiago de Compostela en maio-xuño de 1979.

O libro galego onte e hoxe
Tipoexposición
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

As Cantigas de Santa María é o primeiro libro do catálogo da exposición
Actos da Exposición

Inaugurouse o 16 de maio (véspera do Día das Letras Galegas), estaba prevista a clausura o 3 de xuño mais debido ao éxito de público (11.835 visitas) prolongouse ata o 17 do mesmo mes. Foi acompañada con conferencias, concertos e representacións teatrais.

Foi organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e pretendía reunir e mostrar toda a produción editorial en idioma galego, de todos os tempos e sobre todos os temas. En 1981 a USC publicou o catálogo da exposición[1].

Organización editar

Baixo a dirección de Ricardo Carballo Calero as bibliotecarias Daría Vilariño Pintos e Mª Virtudes Pardo Gómez coordinaron a procura dos exemplares.

Prestaron os libros para a exposición editar

Entidades que contribuíron economicamente editar

Banco de Bilbao, Banco de Crédito e Inversiones, Banco de Vizcaya, Banco Etcheverría, Banco Exterior de España, Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia. Especialmente o Banco Pastor e a Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Apartados da exposición editar

  • Séculos XIII-XIV: libros 1 a 60
  • Século XVII: libros 61 a 62
  • Século XVIII: libros 63 a 65
  • Século XIX: libros 66 a 280
  • Século XX: libros 281 a 1904
  • Publicacións periódicas

Reedicións editar

  • 1988: a Federación de Libreiros e a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, con prólogo de Antón Santamarina[2].
  • 1993: A Federación de Libreiros de Galicia[3][4].

Notas editar

  1. Vilariño Pintos, Daría; Pardo Gómez, María Virtudes (1981). O libro galego onte e hoxe. Catálogo da Exposición Bibliográfica Santiago, maio-xuño 1979. USC. ISBN 84-7191-252-X. 
  2. Álvarez García, Isabel Coord. (1989). O libro galego, onte e hoxe 1988; catálogo da exposición bibliográfica, Santiago Maio, 1988. Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia. Federación de Libreiros de Galicia. p. 407. ISBN 84-404-5980-7. 
  3. Varios (1995). Catálogo da exposición bibliográfica. Xaneiro. 1995. Federación de Libreiros de Galicia. 
  4. "Anuario de Estudos Literarios Galegos 1998". Consultado o 19/10/2018.