Juan Ramón Díaz

xornalista galego

Juan Ramón Díaz García, nado en Pamplona o 2 de agosto de 1941 e finado na Coruña o 3 de maio de 2015[1], foi un xornalista galego.

Modelo:BiografíaJuan Ramón Díaz
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 2015 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiXosé Díaz Jácome Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5066775 BUSC: diaz-garcia-juan-ramon-1941-2015

Traxectoria

editar

Fillo de Xosé Díaz Jácome. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Traballou en Faro de Vigo e La Voz de Galicia, do que foi director (1977-1997). Foi vicepresidente do grupo La Capital, editor de El Ideal Gallego.

Durante a súa mocidade cultivou a poesía e foi distinguido en certames como os Xogos Florais da Xuventude de Vigo, Concurso de Poesía do Fogar Xuvenil de Vigo, Certame Poético Primavera de Pontevedra ou os Xogos Florais de Vilagarcía.

Recoñecementos

editar

Recibiu as insignias de ouro das universidades de Santiago e A Coruña e a medalla Castelao.