Abrir o menú principal

José Martinho Montero Santalha

lingüista galego
(Redirixido desde "José-Martinho Montero Santalha")

José Martinho Montero Santalha, nado en Cerdido o 5 de abril de 1947, é un teólogo e lingüista galego.

José Martinho Montero Santalha
Montero Santalha.jpg
Nacemento5 de abril de 1947
 Cerdido
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterPontificia Universidade de San Tomé de Aquino
Ocupacióncatedrático de universidade e lingüista
XénerosEnsaio
EstudosTeoloxía, Filosofía
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

En 1957 ingresou no seminario de Mondoñedo. En 1965 marchou estudar teoloxía a Roma, onde se licenciou e preparou o doutoramento, sendo profesor agregado na Pontificia Universidade Gregoriana. Licenciouse en Filosofía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino de Roma. En 1971 foi ordenado sacerdote.

Durante a súa etapa en Roma foi membro do grupo «Os Irmandiños», constituído por galegos residentes na cidade e preocupados pola recuperación do galego como lingua vernácula no eido da Igrexa Católica. Foi un dos asinantes do Manifesto para a supervivência da cultura galega, publicado en 1974 nas revistas Seara Nova (de Lisboa, dirixida por Rodrigues Lapa), e Cuadernos para el diálogo (de Madrid).

Regresou a Galiza en 1974, sendo mestre de Teoloxía no seminario de Santiago de Compostela. Licenciouse en Filoloxía pola UNED e no ano 2000 acadou o doutoramento pola Universidade da Coruña cunha tese sobre as rimas da poesía trobadoresca. Deu clases de lingua inglesa en Ferrol, e na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

ReintegracionismoEditar

 
Homenaxe a Carvalho Calero en 2008.

A súa obra está vinculada á defensa do reintegracionismo. Redactou a primeira formulación ortográfica desta corrente, publicada en 1976 na revista Grial co nome de Unificación ortográfica galego-portuguesa. Este texto recollía a proposta feita por Manuel Rodrigues Lapa de adoptar o portugués como forma literaria do galego, pero matizándoa para defender só un achegamento ortográfico.

En 1994, nun artigo publicado na revista Temas do Ensino[1], defendeu a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa, fundada en 2008 e da que é presidente e membro da comisión de lexicografía, amais de subdirector do Boletim da AGLP.

Participou na fundación da Associaçom Galega da Língua e as Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.

ObraEditar

Foi membro fundador das revistas Boa Nova, O Tempo e o Modo, Agália, Estudios Mindonienses e Encrucillada, da que tamén foi membro da redacción. En 1977 gañou o Premio Fernández Latorre de xornalismo, concedido por La Voz de Galicia polo artigo "Integración lingüística galego-portuguesa". Participou na tradución do Novo Testamento ao galego.

Obra editada en libroEditar

PoesíaEditar

Quince poemas seus aparecen no libro Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol (Félix Villares Mouteira, 2007). Deles, catro son de temética relixiosa (de Nadal), tres sobre a lingua galega, dous adicados ao Camiño de Santiago e dous sobre Pontevedra.

EnsaioEditar

  • Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (Ferrol, 1979).
  • Método prático de língua galego-portuguesa (Ourense, 1983).
  • Carvalho Calero e a sua obra (Edicións Laiovento, 1993).
  • Oxalá voltassem tempos idos! Memórias de Filipe de Amância, pajem de Dom Merlim (Edicións Laiovento, 1994).

Obras colectivasEditar

Obra destacada en revistasEditar

  • "Na morte de Rodrigues Lapa". Artigo na revista Agália, nº 17, 1989.
  • As sete cantigas de amor de Dom Dinis do fragmento Sharrer. Agália, 1997.

NotasEditar

  1. A Lusofonia e a Língua Portuguesa da Galiza: Dificuldades do presente e tarefas para o futuro Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Actas do Congreso Internacional de Lingua, Cultura e Literaturas Lusófonas (Homenaxe ao profesor Ernesto Guerra da Cal): Santiago, 15-17 de setembro de 1994, Pontevedra - Braga: Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, 1994, 452 pp. In Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, volume VII-IX, núms. 27-38 (1991-1994), pp. 137-149).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar