Abrir o menú principal

Félix Villares Mouteira

sacerdote e profesor galego

Félix Villares Mouteira, nado en Belesar (Vilalba) o 24 de marzo de 1947, é un sacerdote e profesor galego.

Félix Villares Mouteira
Nacemento24 de marzo de 1947
 Belesar
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia de Salamanca
Ocupaciónsacerdote e profesor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1958 ingresou no mosteiro de San Salvador de Lourenzá, onde fixo os dous primeiros cursos como seminarista. Despois estivo sete anos no Seminario Menor de Mondoñedo, onde creou en 1963 a revista Trapecio xunto cos seus compañeiros. En 1967 marchou a Salamanca, onde se licenciou en 1971 en Teoloxía pola Universidade Pontificia. Nesa cidade desenvolveu un intenso labor cultural, promovendo a celebración dunha misa en galego, a edición da revista Anduriña e actividades como exposicións de libros, conferencias ou recitais de poesía.

O 28 de xullo de 1971 foi ordenado sacerdote na igrexa da súa parroquia natal da man de Miguel Anxo Araúxo Iglesias, bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia celebrada en lingua galega. O 28 de setembro dese ano foi nomeado primeiro profesor de lingua galega do seminario de Mondoñedo. En abril de 1982 creou co seu alumnado a revista escolar Amencer.

En agosto de 1988 foi nomeado reitor do seminario de Mondoñedo, e levou a cabo a restauración do edificio. Entre setembro de 1999 e xuño de 2006 foi vicario xeral do bispado de Mondoñedo-Ferrol, e despois pasou a ser director do arquivo diocesano.

Ten colaborado nas revistas Encrucillada, Amencer, A Croa e nos xornais La Voz de Galicia, El Ideal Gallego (do que foi correspondente en Mondoñedo entre 1980 e 1988) e El Progreso. Co alumnado do Seminario fixo programas en Radio Popular de Lugo, na Radio Galega e na Cadena Ser. Pronunciou numerosas conferencias sobre a cultura galega e a liturxia en galego, da que é máximo defensor.

ObraEditar

  • Os poetas do Seminario de Mondoñedo (Deputación de Lugo, 1977; con limiar de Xesús Alonso Montero)
  • Xosé Crecente Vega (Toxosoutos, 2001)
  • San Martiño de Belesar: Memoria e futuro (2005)
  • A Carón do lume (Edicións Citania, 1999; coordinador)

Obras colectivasEditar

  • Galicia, ano 70 (Edicións Celta, 1971)
  • Cinguidos por unha arela común (Universidade de Santiago, 2000; homenaxe a Alonso Montero)
  • D. Misael Prieto García, o defensor dos pobres
  • Don Xosé María Goás Ferreiro, un pastor asceta e penitente
  • D. Luis Villarino Couto, un referente de amor a Deus nos demais
  • Sor María Luisa del Sagrado Corazón, unha muller de Deus
  • Testigos de la fe ne la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (Segundo Pérez López, 2003).

RecoñecementosEditar

O 30 de outubro de 1999 tributóuselle unha homenaxe popular en Mondoñedo en agradecemento ó seu labor ó fronte do Seminario.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar