Gran Premio de Europa de 1993

O Gran Premio de Europa de 1993 (oficialmente o Sega European Grand Prix[1]) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 11 de abril de 1993 en Donington Park. Foi a terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1993. A carreira se disputou sobre 76 voltas e foi gañada por Ayrton Senna para o equipo McLaren, por diante do segundo Damon Hill e Alain Prost (terceiro), ambos conducindo para o equipo Williams.[2]

Unión Europea Gran Premio de Europa de 1993
Detalles da carreira
Carreira 3 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1993.
Trazado do circuíto de Donington Park
Trazado do circuíto de Donington Park
Data 11 de abril 1993
Nome oficial III [[Gran Premio de Europa|Sega European Grand Prix]]
Localización Circuíto de Donington Park, Leicestershire, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´023 km
Distancia 76 voltas, 305´748 km
ClimaChuvia con períodos secos
Pole position
Piloto Francia Alain Prost Williams-Renault
Tempo 1:10.458
Volta rápida
Piloto Ayrton Senna McLaren-Ford
Tempo 1:18.029 (volta rápida) na volta 57
Podio
Primeiro Ayrton Senna McLaren-Ford
Segundo Damon Hill Williams-Renault
Terceiro Francia Alain Prost Williams-Renault

A pilotaxe de Senna cara á vitoria é considerada unha das súas mellores,[3] e as súas fazañas na primeira volta son particularmente eloxiadas, nas que superou a catro pilotos, Michael Schumacher, Karl Wendlinger, Damon Hill e Alain Prost, para tomar a dianteira nunha soa volta en condicións de chuvia torrencial.[4][5] A carreira foi a primeira realizada baixo o título do Gran Premio de Europa desde 1985, e ata a data é o único Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou no circuíto de Donington Park.[6]

Informe editar

Antecedentes editar

Os plans para celebrar un Gran Premio de Asia na Nippon Autopolis no Xapón non se materializaron, o primeiro Gran Premio de Europa logo de oito anos correuse como a terceira carreira da tempada de 1993. Donington Park foi designado para a carreira, logo de intentar sen éxito ser a sede do Gran Premio do Reino Unido. A compañía de videojuegos Sega patrocinou a carreira e o seu logotipo podíase ver ao longo do Grand Prix e no podio. Sega tamén tiña os dereitos de denominación para o Grand Prix.[7]

Carreira editar

 
Ayrton Senna gañou a carreira para McLaren.

Os Williams foron 1-2 en cualificación con Prost na pole por diante de Hill, Schumacher, Senna, Wendlinger e Michael Andretti. Ao principio, chovía e Schumacher bloqueou a Senna, ambos perderon tempo e Wendlinger quedou terceiro. Logo de caer ao quinto posto, Senna pasou rapidamente a Schumacher na terceira curva. Logo foi tras Wendlinger, adiantandoo nas curvas Craner con Schumacher e Andretti tratando de seguilo. Schumacher adiantouno pero Andretti golpeou a Wendlinger e ambos saíronse. Senna foise por Hill e tomou o segundo lugar na curva McLean. Agora Prost era o obxectivo e tomou o liderado na penúltima curva, a Forquita Melbourne. Ná segunda volta, Senna lideraba diante de Prost, Hill, Rubens Barrichello (que comezara no 12º posto), Jean Alesi, Schumacher e JJ Lehto.

A pista comezou a secarse e todo o mundo entrou en boxes para poñer pneumáticos secos. Lehto era quinto, logo de comezar desde o pit lane, pero retirouse con problemas de manexo na 14ª volta. Gerhard Berger tomou o lugar, pero tamén se retirou con problemas de suspensión seis voltas máis tarde. A chuvia regresou e os líderes entraron agora en boxes para volver a cambiar pneumáticos de chuvia. Schumacher non entrou e lideraba a carreira cando trompeou na volta 23 porque estaba cos pneumáticos equivocados. A pista comezou a secarse e todos entraron outra vez máis en boxes, Senna tivo un problema e perdeu 20 segundos. Prost lideraba agora diante de Senna, Hill, Barrichello, Derek Warwick e Johnny Herbert. Comezou a chover e os dous Williams volveron a parar mentres que Senna quedábase fóra. Foi a decisión correcta porque de novo comezou a secarse a pista. Os Williams entraron en boxes novamente. Prost tivo problemas na súa parada e cando volveu á pista, era cuarto cunha volta perdida. Barrichello agora estaba en segundo lugar pero comezou a chover e detívose novamente. Entrou aos boxes dúas veces e agora Hill estaba en segundo lugar, aínda que unha volta por detrás. Barrichello, terceiro, tivo problemas coa súa presión de combustible e retirouse, deixándolle o lugar a Prost. Senna estableceu a volta rápida na volta 57, nunha volta cando conduciu polo pit lane pero abortou a parada en boxes, mostrando que en realidade había un atallo a través do pit lane. Isto débese á configuración Grand Prix de Donington, que ten a entrada ao pit antes da curva final na recta principal. Esta é posiblemente a única volta rápida na historia moderna da F1 conducindo a través do pit lane. Senna gañou diante de Hill e Prost, logo de facer catro paradas en boxes en condicións de seco e mollado en comparación coas sete de Prost, que é un récord que permanece en 2014.[Cómpre referencia] Herbert terminou cuarto para Lotus ao deterse só unha vez, mentres que todos os demais finalistas detivéronse en boxes varias veces. Riccardo Patrese e Fabrizio Barbazza completaron os seis primeiros. Ao final, só Senna percorrera toda lonxitude total da pista, agás Hill, que terminou cun minuto de atraso. Ao final da carreira, Senna subiu ao podio e déuselle un trofeo que representaba á mascota de Sega, Sonic the Hedgehog sostendo un trofeo co logo de Sega debaixo.[7] Unha imaxe amplamente difundida en Internet mostra a Senna sostendo o trofeo.[7][8] Contrariamente á crenza popular, este non foi o premio que obtivo Senna por gañar o Grand Prix, era un trofeo falso para un photocall. As imaxes de vídeo mostran que logo de tomarse a fotografía, outorgóuselle o premio real, un trofeo no que non aparece Sonic nin o logo de Sega. A localización actual do famoso trofeo Sega é descoñecido.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 2   Alain Prost Williams-Renault 1:24.467 1:10.458
2 0   Damon Hill Williams-Renault 1:24.014 1:10.762 +0.304
3 5   Michael Schumacher Benetton-Ford 1:26.264 1:12.008 +1.550
4 8   Ayrton Senna McLaren-Ford 1:23.976 1:12.107 +1.649
5 29   Karl Wendlinger Sauber 1:26.805 1:12.738 +2.280
6 7   Michael Andretti McLaren-Ford 1:26.859 1:12.739 +2.281
7 30   JJ Lehto Sauber 1:25.469 1:12.763 +2.305
8 28   Gerhard Berger Ferrari 1:25.971 1:12.862 +2.404
9 27   Jean Alesi Ferrari 1:25.699 1:12.980 +2.522
10 6   Riccardo Patrese Benetton-Ford 1:27.273 1:12.982 +2.524
11 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 1:27.173 1:13.328 +2.870
12 14   Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:26.557 1:13.514 +3.056
13 11   Alessandro Zanardi Lotus-Ford 1:28.782 1:13.560 +3.102
14 9   Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 1:28.096 1:13.664 +3.206
15 19   Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 1:28.648 1:13.665 +3.207
16 23   Christian Fittipaldi Minardi-Ford 1:28.065 1:13.666 +3.208
17 20   Érik Comas Larrousse-Lamborghini 1:29.310 1:13.970 +3.512
18 3   Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:29.851 1:14.121 +3.663
19 15   Thierry Boutsen Jordan-Hart 1:28.701 1:14.246 +3.788
20 24   Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 1:27.275 1:14.274 +3.816
21 26   Mark Blundell Ligier-Renault 1:27.302 1:14.301 +3.843
22 25   Martin Brundle Ligier-Renault 1:26.788 1:14.306 +3.848
23 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:30.107 1:14.927 +4.469
24 21   Michele Alboreto Lola-Ferrari 1:30.049 1:15.322 +4.864
25 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 1:29.177 1:15.417 +4.959
26 22   Luca Badoer Lola-Ferrari 1:31.178 1:15.641 +5.183

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 8   Ayrton Senna McLaren-Ford 76 1:50:46.570 4 10
2 0   Damon Hill Williams-Renault 76 + 1:23.199 2 6
3 2   Alain Prost Williams-Renault 75 + 1 volta 1 4
4 12   Johnny Herbert Lotus-Ford 75 + 1 volta 11 3
5 6   Riccardo Patrese Benetton-Ford 74 + 2 voltas 10 2
6 24   Fabrizio Barbazza Minardi-Ford 74 + 2 voltas 20 1
7 23   Christian Fittipaldi Minardi-Ford 73 + 3 voltas 16
8 11   Alessandro Zanardi Lotus-Ford 72 + 4 voltas 13
9 20   Érik Comas Larrousse-Lamborghini 72 + 4 voltas 17
10 14   Rubens Barrichello Jordan-Hart 70 Presión combustible 12
11 21   Michele Alboreto Lola-Ferrari 70 + 6 voltas 24
Ret 9   Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 66 Caixa de cambios 14
Ret 15   Thierry Boutsen Jordan-Hart 61 Acelerador 19
Ret 4   Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 55 Caixa de cambios 25
Ret 27   Jean Alesi Ferrari 36 Caixa de cambios 9
Ret 10   Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 29 Caixa de cambios 23
Ret 19   Philippe Alliot Larrousse-Lamborghini 27 Colisión 15
Ret 5   Michael Schumacher Benetton-Ford 22 Trompo 3
Ret 26   Mark Blundell Ligier-Renault 20 Trompo 21
Ret 28   Gerhard Berger Ferrari 19 Suspensión 8
Ret 30   JJ Lehto Sauber 13 Dirección 7
Ret 3   Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 11 Embrague 18
Ret 25   Martin Brundle Ligier-Renault 7 Trompo 22
Ret 29   Karl Wendlinger Sauber 0 Colisión 5
Ret 7   Michael Andretti McLaren-Ford 0 Colisión 6
NSC 22   Luca Badoer Lola-Ferrari
Fonte:[2]

Notas editar

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas editar

  1. "Motor Racing Programme Covers: 1993". The Programme Covers Project. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "1993 European Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  3. Harmer, Alex (1 de maio de 2013). "Ayrton Senna's greatest drives". Motor Sport magazine. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  4. Walker, Murray (11 de abril de 2013). "Murray's memories: European GP 1993 – Sensational Senna". BBC Sport. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  5. "Greatest single lap in F1 history was driven at Donington's first and last grand prix". Nottingham Post. 10 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  6. Medland, Chris (24 de xuño de 2011). "Senna reigns supreme". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Plunkett, Luke (23 de decembro de 2012). "The Day a Sporting Legend Became an Unwitting Sonic the Hedgehog Icon". Kotaku.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2015. 
  8. "High End Sonic the Hedgehog Merchandise". sonicgear.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1993
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1993
Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 1993
Carreira anterior:
Gran Premio de Europa de 1985
Gran Premio de Europa Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 1994