Gran Premio de España de 1997
O Gran Premio de España de 1997 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 25 de maio de 1997 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1997. Este Gran Premio de España[1] é lembrado pola grande actuación de Olivier Panis, que partiu do 12º posto na grella e terminou 2º recortando distancia co líder Jacques Villeneuve de 1´5 a 2 segundos por volta ao final da carreira.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 6 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997. | ||
![]() Trazado do circuíto de Cataluña | ||
Data | 25 de maio 1997 | |
Nome oficial | XXXIX Gran Premio de España | |
Localización | Circuíto de Cataluña, Barcelona, España | |
Percorrido | Circuíto permanente 4´728 km | |
Distancia | 64 (das 65 programadas) voltas, 302´469 km (dos 307´196 programados) km | |
Clima | Asollado, seco | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Williams-Renault |
Tempo | 1:16.525 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Jordan-Peugeot |
Tempo | 1:22.242 na volta 20 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Williams-Renault |
Segundo | ![]() |
Prost-Mugen-Honda |
Terceiro | ![]() |
Benetton-Renault |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Resumo da carreira Editar
Michael Schumacher tivo un bo comezo. Empezou 7º, terminou a primeira volta na segunda posición e desafiou a Villeneuve que lideraba no Williams. Con todo, Schumacher, no Ferrari, non alcanzou ao líder e comezaba a alonxarse do resto dos coches. Na 13ª volta, a diferenza con Villeneuve era de aproximadamente 20 segundos e un tren de coches composto por David Coulthard, Jean Alesi, Mika Häkkinen, Heinz-Harald Frentzen, e Johnny Herbert estaba detrás del. Os seus tempos de volta eran aproximadamente de 1:26 mentres que o de Villeneuve era 1:22.
Nesta carreira de alto desgaste de pneumáticos, especialmente para os pneumáticos Goodyear,[2] o primeiro pit stop comezou a aproximadamente na volta 14, e o último foi na volta 25, o fixo Olivier Panis, no seu finamente equilibrado Prost con pnemáticos Bridgestone. Pouco despois, a partir da volta 29, tres corredores comezaron a parar por segunda vez. Isto permitiu a Panis gañar posicións, e na volta 34, era cuarto, acercándose a Alesi e Coulthard que eran 2º e 3º respectivamente. Pouco despois, Panis superou a Coulthard, que montaba uns inferiores pneumáticos Goodyear, nun bo movemento achegándose á primeira curva. Panis logrou pasar ao segundo lugar por diante de Alesi nos pits.
Panis acercábase ao líder, Villeneuve, reducindo aproximadamente 1´5 segundos por volta ao líder. Ao final da volta 49, a diferenza era de 10´8 segundos, contra a diferenza de 13 segundos ao final da volta 47. No entanto, durante a volta 50, Panis foi detido polo tráfico, primeiro o Jordan de Ralf Schumacher e despois o Ferrari de Eddie Irvine. Os comisarios non axitaron as bandeiras azuis,[2] Irvine non deixou pasar a Panis, permitindo así que Jean Alesi e Michael Schumacher puidesen collelo. Cando Irvine finalmente cedeu na volta 57, a carreira de Panis estaba arruinada, e a diferenza con Villeneuve aumentara a 16´1 segundos. Irvine obtivo máis tarde unha penalización de stop and go polas súas accións. Despois de que Panis abandonara o tráfico, estivo a facer de 1´5 a 2 segundos máis rápido que o líder e logrou pechar a brecha a menos de 6 segundos ao final da carreira pero era demasiado tarde e Villeneuve acadou a súa terceira vitoria da tempada.
Este foi o último podio de Panis na Fórmula Un. Foi tamén un podio moi raro de lingua francesa.
Clasificación Editar
Cualificación Editar
Carreira Editar
Posicións logo da carreira Editar
Clasificación no campionato de pilotos
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1997 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1996 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1998 |
Notas Editar
- ↑ BBC. "Classic Spanish GP". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 7 de maio de 2009.
- ↑ 2,0 2,1 Murray Walker, Martin Brundle (Commentators) (1997). ITV F1 - Spanish Grand Prix (Television). Barcelona, Spain: ITV.
- ↑ "1997 Spanish Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1997 |