Gran Premio de Mónaco de 1997
O Gran Premio de Mónaco de 1997 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 11 de maio de 1997 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco.
Nome oficial | LV Grand Prix de Monaco |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997 |
Distancia do evento | 62 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 11 de maio de 1997 |
Competición | |
Primeiro posto | Michael Schumacher |
Pole position | Heinz-Harald Frentzen |
Volta máis rápida | Michael Schumacher |
Sumario
editarA cualificación viu a Heinz-Harald Frentzen no seu Williams - Renault diante do Ferrari de Michael Schumacher, o terceiro lugar foi para Jacques Villeneuve no outro Williams. Cuarto foi Giancarlo Fisichella no Jordan - Peugeot, mentres que o quinto lugar foi para David Coulthard no McLaren - Mercedes e o sexto para Ralf Schumacher no segundo Jordan, que mostraba a boa posta a punto que o equipo atopara no circuíto. A sesión de warm-up foi en seco, os Williams lograron os lugares primeiro e segundo. Con todo, ao redor de 30 minutos antes do inicio, comezou a chover, Williams decidiu correr con pneumáticos de seco nos dous coches, pensando que o tempo melloraría, mentres que Michael Schumacher adaptou o coche para condicións climáticas intermedias. Durante a volta de arrequecemento, o tempo empeorou, e na saída, Schumacher foi o máis rápido. Aventaxaba en 22 segundos na volta 5. Detrás del, os Jordan, ambos cos coches axustados para a choiva, ocupaban os lugares segundo e terceiro, ata que ambos foron adiantados por Rubens Barrichello no Stewart, que se beneficiou dos pneumáticos Bridgestone de mollado, que funcionaban mellor que os Goodyear nesas condicións. O inicio da carreira foi catastrófica para o equipo Arrows, Pedro Diniz, que optara por empezar a carreira con pneumáticos lisos, deslizouse directamente contra o muro na primeira volta, mentres que o seu compañeiro de equipo Damon Hill estivo involucrado nunha colisión co McLaren de Mika Häkkinen na segunda volta, quedando eliminados os dous coches no acto. Os dous pilotos de Willams abandonaron a carreira despois de entrar en boxes para cambiar os seus pneumáticos. Frentzen golpeou unha barreira na chicane na volta 39, e Villeneuve chocou contra un muro e tivo que retirarse na volta 17. Schumacher continuou aumentando a súa vantaxe ata que tivo uns 30 segundos de vantaxe sobre Barrichello, e logo mantivo a distancia. Cometeu un erro na volta 53 na curva de Santa Devota, na que se foi polo camiño de escape e perdeu 10 segundos, pero non perdeu a súa vantaxe. A carreira foi detida na volta 62, en lugar das 78 previstas, polo límite de tempo de 2 horas, e Schumacher gañou cunha marxe de 53 segundos sobre Barrichello. Eddie Irvine terminou terceiro tras adiantar a Olivier Panis, sendo en certa medida unha vinganza pola manobra de adiantamento de Panis a Irvine o ano anterior.
Clasificación
editarCualificación
editarCarreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Michael Schumacher | Ferrari | 62 | 2:00:05.654 | 2 | 10 |
2 | 22 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 62 | +53.306 | 10 | 6 |
3 | 6 | Eddie Irvine | Ferrari | 62 | +1:22.108 | 15 | 4 |
4 | 14 | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda | 62 | +1:44.402 | 12 | 3 |
5 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Ford | 61 | +1 volta | 14 | 2 |
6 | 12 | Giancarlo Fisichella | Jordan-Peugeot | 61 | +1 volta | 4 | 1 |
7 | 23 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 61 | +1 volta | 19 | |
8 | 18 | Jos Verstappen | Tyrrell-Ford | 60 | +2 voltas | 22 | |
9 | 8 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 60 | +2 voltas | 17 | |
10 | 20 | Ukyo Katayama | Minardi-Hart | 60 | +2 voltas | 20 | |
Ret | 4 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 39 | Accidente | 1 | |
Ret | 15 | Shinji Nakano | Prost-Mugen-Honda | 36 | Accidente | 21 | |
Ret | 17 | Nicola Larini | Sauber-Petronas | 24 | Accidente | 11 | |
Ret | 7 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 16 | Trompo | 9 | |
Ret | 3 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 16 | Danos por accidente | 3 | |
Ret | 11 | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot | 10 | Accidente | 6 | |
Ret | 16 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 9 | Accidente | 7 | |
Ret | 21 | Jarno Trulli | Minardi-Hart | 7 | Accidente | 18 | |
Ret | 10 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1 | Accidente | 5 | |
Ret | 9 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1 | Colisión | 8 | |
Ret | 1 | Damon Hill | Arrows-Yamaha | 1 | Colisión | 13 | |
Ret | 2 | Pedro Diniz | Arrows-Yamaha | 0 | Trompo | 16 |
Notas
editar- Previsto para 78 voltas, se detivo as dúas horas.
- Mika Salo non fixo unha soa parada en boxes. Correu as 61 voltas sen parar.
- Primeiro punto e primeiro podio para o equipo Stewart.
- Últimos puntos para Tyrrell.
- Última carreira na Fórmula Un para Nicola Larini.
- Única vez en 1997, que ambos Stewart terminaron a carreira.
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1997 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1996 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1998 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1997 |