Abrir o menú principal

Froila Bermúdez, nado cara o 1045 e finado no 1091, foi un nobre galego, primeiro dos membros da Familia Froilaz-Traba sobre o que existe ampla documentación. Tomou parte nos principais acontecementos da parte final do reinado de Fernando I, do de García II e no comezo do de Afonso VI.

Froila Bermúdez
Froila Uermuiz de Trasancos
Froilani Petriz Vermudiz

Falecemento27 de marzo de 1091
Cospeito
SepulturaMosteiro de San Martiño de Xuvia
PredecesorBermudo Froilaz
SucesorPedro Froilaz
DescendenciaGonzalo Froilaz
Pedro Froilaz
Rodrigo Froilaz
Visclávara Froilaz
Adosinda Froilaz
Munia Froilaz
Hermesenda Froilaz
Liñaxe / DinastíaFamilia Froilaz-Traba
ProxenitoresBermudo Froilaz
Lupa Rodríguez

Escudo de Froila Bermúdez

TraxectoriaEditar

 
Mosteiro de San Martiño de Xuvia na terra de Trasancos, onde foron soterrados Froila Bermúdez e o seu pai Bermudo Froilaz.

Froila Bermúdez aparece tamén nos diplomas históricos como Froila Vermuiz de Trasancos, facendo referencia ao seu señorio nas terras de Trasancos e como Froilani Petriz Vermudiz, aludindo ao patronímico da súa familia, o clan dos Petriz[1]. Os seus dominios abranguían un extenso territorio na área noroccidental do reino galego, onde foi o probábel fundador do Mosteiro de Santa María de Xanrozo en Betanzos[2]. A súa figura documéntase xa arredor do ano 1060 presidindo litixios xudiciais noutro cenobio, o de San Martiño de Xuvia en Narón, onde era considerado polos monxes como dominus noster[3].

Foi un importante vasalo do rei García II, ao que puido mesmo acompañar no seu período de desterro na Taifa de Sevilla[4]. Os seus feitos de armas durante as guerras do rei cos seus irmáns Afonso e Sancho son recollidos no nobiliario do conde de Barcelos, do século XIV, se ben o manuscrito confunde a Froila Bermúdez (1045-1090) co seu fillo Rodrigo Froilaz (?-1133)[5]. No texto épico portugues o conde Froila (Rodrigo Frojaz) é presentado como un grande guerreiro e principal valedor e conselleiro do rei García[6].

Cando, no acto final da guerra civil, García é aprisionado baixo engano polo seu irmán Afonso VI, o conde tivo que someterse e aceptouno como rexente do reino galego, non como rei[7][8]. Este feito, recollido nos tombos do mosteiro de Xuvia, fai sospeitar a algún historiador que a crianza do seu fillo Pedro Froilaz na corte leonesa foi en calidade de refén[9]. Con todo, acompañou a Afonso VI na batalla de Zalaca contra os almorábides da que saiu milagrosamente ileso e como agradecemento doou ao mosteiro de Xuvia a vila de Domirón[10] en Trasancos[11].

O conde Froila faleceu o 27 de marzo de 1091 na vila de Cospeito, durante unha visita ao seu fillo Gonzalo, bispo de Mondoñedo[7]. Foi soterrado no Mosteiro de San Martiño de Xuvia[12].

Liñaxe e descendenciaEditar

Morreu o Fillo de Deus, Froila, fillo de Bermudez, na era de ICXVIIII (ano 1091) que foi VI feira (venres), a primeira hora, aquí, na vila de Cospeito, na beira do río Miño, o terceiro día das Kalendas de marzo (27 de marzo), e foi conducido ao lugar de S. Martiño polas mans do bispo Gonzalo e doutros bispos, o abade Donnino e os seus fillos D. Pedro e D. Rodrigo e outros moitos de nobre estirpe. Foi sepulto nese lugar o día do domingo á hora terza, diante dá porta da igrexa de Santa María nun túmulo sito á dereita da porta da igrexa, a rente doutro túmulo sito á esquerda. Alí descansa en paz con Deus e os santos polos séculos dos séculos. Amén. Amén.
—Inscrición (traducida do latín) sobre a tumba de Froila Bermúdez no Mosteiro de Xuvia[13]

A ascendencia de Froila Bermúdez emparenta coa mais antiga nobreza do Reino de Galiza. Pode ser trazada desde o conde Hermenexildo Guterrez, mordomo do rei Afonso III e conquistador de Coímbra no ano 878, até o seu propio pai Bermudo, falecido arredor do 1060. Bermudo Froilaz e a súa esposa Dona Lupa Rodríguez, pais de Froila, están soterrados xunto ao seu fillo no mosteiro de San Martiño de Xuvia.

Casou con Elvira de Faro, filla de Mendo Bermúdez de Faro e Aldara Gutérrez de Aranga[14]. Con este matrimonio a familia Froilaz incorporou ao seu patrimonio as terras de Faro[15] e o castelo de Aranga co seu couto xurisdicional[16][17]. A súa numerosa descendencia, tivo sete fillos, estendeu a influencia da liñaxe Froilaz-Traba, a cal chegou a acadar un enorme poder económico e político en todo o norte da Península Ibérica durante os séculos posteriores.[18]

Do primeiro matrimonio naceron os seguintes fillos:

En segundas nupcias, Froila desposou a unha nobre chamada dona Lucia da que non se conserva información. Deste segundo casamento tivo a:

NotasEditar

  1. Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. 2. Concello de Narón. p. 57. 
  2. Daviña Sáinz, Santiago (1998). "El monasterio de las Cascas (Betanzos)" (PDF). Anuario Brigantino (21): 79. ISSN 1130-7625. 
  3. Fletcher, Richard A. (1984). Saint James's Catapult : The Life and Times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (PDF) (en inglés). Oxford University Press. 
  4. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do Reino de Galicia. Galaxia. p. 205. 
  5. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 62. ISBN 84-87674-32-1. 
  6. Conde de Barcelos, Pedro Afonso (1340). Nobiliario del conde de Barcelos don Pedro, hijo del rey don Dionis de Portugal. pp. 47–49. 
  7. 7,0 7,1 LÓPEZ SANGIL 2005. p. 17
  8. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 67. ISBN 84-87674-32-1. 
  9. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 59. ISBN 84-87674-32-1. 
  10. Pena Graña, André (1992). Narón un concello con historai de seu. 2. Concello de Narón. p. 136. 
  11. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 90. ISBN 84-87674-32-1. 
  12. Cal Pardo, Enrique (2003). Epicospologio Mindoniense. Instituto de estudios gallegos "Padre Sarmiento". p. 75. 
  13. Cal Pardo, Enrique (1984). El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Deputación da Coruña. p. 25. ISBN 84-505-0120-2. 
  14. "Liñaxe Aloitiz, s. IX - XI". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 2018-11-14. 
  15. "Liñaxe Faro". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018. 
  16. Barros, Carlos (2009). "Origen del castillo y coto de Aranga, siglos X-XII". Cuadernos de Estudios Gallegos (122): 143. 
  17. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. pp. 203–204. 
  18. "Liñaxe Froilaz-Trava". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 17/10/2018. 
  19. López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 328. 
  20. "Liñaxe Mandiá". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018. 
  21. "Liñaxe Creszoniz". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar