Abrir o menú principal

Bermudo Froilaz

(Redirixido desde "Vermudo Froilaz")

Bermudo Froilaz, chamado "Manido", foi un nobre galego do século XI vinculado á terra de Trasancos.

Bermudo Froilaz

SepulturaMosteiro de San Martiño de Xuvia
PredecesorFroila Rodriguez
SucesorFroila Bermúdez
DescendenciaFroila Bermúdez
Lucia Bermúdez
Liñaxe / DinastíaCasa de Traba
ProxenitoresFroila Rodríguez
Eneca González

Escudo de Bermudo Froilaz
Ábsidas do Mosteiro de Xuvia, na Terra de Trasancos. Lugar de soterramento de Bermudo Froilaz e outros membros da Liñaxe Froilaz-Traba. Os Traba posuían o dereito de presentación do mosteiro, é dicir, o dereito a nomear o abade do mesmo.


O seu visabó foi Froila González (- - 1017), aliado de Almanzor na súa razzia á compostela do ano 997, e condenado ao desterro polo rei Afonso V. O dous avós de Bermudo Froilaz foron fillos de Froila González: Gonzalo Froilaz, pai de Eneca González (Eneca Gundisalviz); e Rodrigo Froilaz, pai de Froila Rodríguez (Froila Roderici). Os dous fillos de Gonzalo e Rodrigo, os curmáns Eneca e Froila, foron os pais do conde Bermudo[1].

Bermudo Froilaz casou en primeiras nupcias coa aristócrata Guntronda de Riveira, filla do conde Adoino de Riveira[2], e posteriormente con Dona Lupa Rodríguez, falecida no 1071. Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Lucia Bermúdez e Froila Bermúdez. A través da descendencia do conde Froila Bermúdez naceu a, denominada pola historiografía, casa de Traba. Liñaxe nobre do Reino de Galiza de enorme poder poder económico e político en todo o norte da Península Ibérica durante os séculos XI e XII[3].

Esta soterrado xunto a súa segunda esposa e o seu fillo Froila no Mosteiro de San Martiño de Xuvia[4].


NotasEditar

  1. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 15
  2. "Liñaxe Riveira". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 17/10/2018. 
  3. "Liñaxe Froilaz-Traba". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 17/10/2018. 
  4. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 16

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar